Pazo De Castrelos. Vigo

Páginas: 19 (4605 palabras) Publicado: 14 de junio de 2012
Pazo de Castrelos

Anxo Vila Riveiro 702-10
Historia Monumental
Escola Superior Gallaecia
2011/2012

Indice:


Introdución

3



Historia e evolución do pazo

6



Os xardíns do pazo

12



Encadramento histórico artístico

14



Conclusión

16



Bibliografia

17

Introdución:
O inmoble en estudo é un pazo coñecido xeralmente como de
Pazo deCastrelos, ademais deste nome, tamén é coñecido polo
nome de Pazo da Lavandeira, que ven da construción orixinal, e
por Pazo Quiñones de León, nome legal co que foi doado ao
concello de Vigo polo seu anterior dono, o Marqués de Alcedo.
O pazo está situado na parroquia de Castrelos, no concello de
Vigo, na Galiza. Ao redor do mesmo estendese un grande
parque municipal, coñecido coma Castrelosou Finca da
Marquesa, este é a zona verde urbana mais grande da cidade
de Vigo, con unha grande actividade cidadá, que vai desde as
actividades deportivas, concertos no enorme auditorio ao aire
libre, parques infantís, até os paseos polos seus xardíns e lagos.
Na actualidade e dende o ano 1937 o pazo de Castrelos ten a
función de museo con seccións de pinacoteca, escultórica,
arqueolóxicae de artes aplicadas, así coma unha biblioteca
privada.
“O edificio segue a tipoloxía de corpo flanqueado por dúas
torres, actualmente moi reformado e ampliado cun engadido
na parte posterior, e un distribuidor perpendicular que aloxa a
capela e o pavillón de servizos” http://www.museodevigo.org
O corpo central do pazo de Castrelos destaca pola seu aspecto
severo e maxestoso, a súa plantaocupa uns 731 m2, é un corpo
rectangular de dúas alturas flanqueado por dúas torres laterais.
Adosada ao corpo central, na parte esquerda da fachada e
formando un ángulo recto con ela, atopase unha construción
lonxitudinal, que no seu dia serviu como zona do servizo e hoxe
é a zona arqueolóxica do museo, o punto de unión entre este
corpo e o central é a capela, que queda encastada entre osdous. Detrás do alzado lateral esquerdo, atopase a ampliación
mais moderna do pazo, que destaca pola súa pel de tixolo a
vista, en contraste co resto do edificio en pedra, e pola súa
dupla cuberta a dúas augas con unha inclinación esaxerada que
lembra ás construcións nórdicas, aquí é situada a biblioteca do
museo, esta ampliación só é perceptible dende a parte
posterior do edificio.
Cabedestacar no pazo de Castrelos os xardíns do mesmo,
divididos en xardín francés, xardín inglés e roseiral.

Foto 1: imaxe aérea do parque de castrelos. Google.maps.com/ Foto 2: imaxe aérea
da finca do pazo. Goole.maps.com/ Foto 3: Fachada principal do pazo. Turgalicia.es

Alzado principal actual. Castrelos, aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.

Alzado dereito actual. Castrelos,aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.

Alzado posterior actual. Castrelos, aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.

Planta baixa actual. Castrelos, aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.

Planta primeiro actual. Castrelos, aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.

Planta torreóns actual. Castrelos, aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.Planta servizo actual. Castrelos, aproximación arquitectónica. J. A. Martin Curty.

Historia e evolución do pazo:
“O termo “pazo”, actualmente usado de xeito extensivo á hora de definir un conxunto de
categorías construtivas diversas e dificilmente sistematizables, queda afectado dunha ambigüidade
filla precisamente desa amalgama de tipoloxías radicalmente distintas que engloba” J. A. MartínCurty.
Castrelos, aproximación arquitectónica. Ed. C.O.A.G. 1989.

O termo “pazo”, na actualidade, sirve para denominar dende as construcións señoriais medievais,
a construción rural do século XIX, até os palacetes urbanos de estilo renacentista.
No caso do pazo de Castrelos, non hai dubida na súa denominación como tal, sendo construído no
Medievo e reformado continuamente até os nosos días....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Vigas
  • vigas,
  • vigas y losas
  • vigas
  • vigas
  • vigas
  • Vigas
  • Vigas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS