Pepa A Loba
De Carlos G. Reigosa
Por Eduardo Lampón Sánchez
2ºD ESO
Club de Lectura 2011/ 2012
1. Datos da Edición
2. Síntese
3. Temas
4. Personaxes
5. Estrutura
6. Comentario
7. Autor
8. Vocabulario Descoñecido
9. Outras Lecturas
1. Datos da Edición
Título: Pepa a Loba
Autor: Carlos Reigosa
Editorial: Xerais
Ilustracións: Miguel Anxo Prado
Edición: Helena PérezMaquetación: Bernardo Menduíña
Fotografía da Cuberta: Miguel Anxo Prado
Producción: Teresa Rodríguez Martínez
1º Edición, Setembro, 2006
2. Síntese
Pepa, é unha muller nacida de nai solteira e casada con Tomás, un home moito maior ca ela, na Galicia do século XIX.
É acusada xunto ao seu amante, Daniel, do asasinato do seu marido. O verdadeiro culpable é o irmán de Tomás, Aurelio, quenambicionaba as posesións de seu irmán.
Pepa é encarcerada de por vida núa prisión de mulleres. Alí coñece a Carme, outra presa que a axuda a evadirse, pero que non a acompaña porque prefire esperar a cumprir a súa Pena.
Pepa sae do cárcere disfrazada de sacerdote, e vai buscar a Aurelio para cobrar vinganza.
Despois de asasinar brutalmente ao culpable. Pepa reencontrase co seu amado Daniel, exuntos emprenden unha vida de correrías escapando da xustiza. Tratando de favorecer aos humildes e castigar aos fidalgos e señores.
Viven en constante alerta, fuxindo de mil perigos e inimigos, especialmente do Párroco de Trastamonte.
Pronto Pepa comeza a converterse nunha lenda para o pobo, que a ve coma unha xusticeira, e únenselle máis homes, formando unha cuadrilla de bandoleiros
A novelarespecta os poucos datos que se coñecen da personaxe da muller bandoleira, pero crea unha historia ficticia ao seu redor.
3. Temas
AVENTURAS: Pepa e a súa cuadrilla vense envoltos en perigos, traizóns e pelexas.
AMOR: O amor de Pepa por Danielestá presente en todo momento. Ese amor cambia por completo a forma de ser dos protagonistas.
LENDA: A novela é unha homenaxe a Galicia e a súa cultura. Aínda que o libro constrúe planteamento, nudo e desenlace, está influído polas historias que se contan da personaxe e que Reigosa foi recollendo por diferentes pobos galegos.
BANDOLEIROS: Narra a vida dos famosos asaltadores dos camiños,dando unha visión positiva dos mesmos.
4. Personaxes:
PEPA A LOBA: Protagonista da novela. É unha muller forte que é acusada inxustamente da morte do seu marido. Despois de saír do cárcere faise bandoleira para buscar vinganza.
DANIEL: Amante de Pepa. Era o seu profesor, cando ela escapa do cárcere úneselle na aventura.
CARME: Amiga de Pepa. Coñeceuna no cárcere e axudouna a evadirse.Cando ela sae reencontrase con Pepa.
MEDE: Membro da cuadrilla de Pepa. Interesado romanticamente en Carme.
TOMÁS: Marido de Pepa, moito maior ca ela. É asasinado polo seu irmán, e Pepa e culpada inxustamente do crime.
AURELIO MARAÑO: Irmán de Tomás. Asasínao para facerse coas súas propiedades e arregáseas para que Pepa se encerrada polo crime.
PÁRROCO DE TRASTAMONTE: Relixioso queintenta acabar con Pepa e Daniel, despois de que estes o asaltasen.
5. Estrutura
Narrador: A historia é contada por un narrador omnisciente en 3º persoa. Aínda que ao principio da novela Pepa conta a historia inicial a Carme, a modo de introdución para o lector.
Espazo: Galicia, Pepa e os seus homes recorren os camiños rurais do pais. Ademais de distintos lugares, o cárcere, unha taberna, unhacasa...
Tempo: O século XIV.
6. Comentario
Esta novela meréceme unha valoración positiva. É unha boa novela que non engana nin defrauda. Moi ben ambientada nos contexto político e social, danos a coñecer Galicia do século XIX, e reivindica a cultura dos galegos, a
nosa cultura, pois está chea de lendas e mitos e Pepa A Loba, é un
deles.
Aínda que xa coñecía a historia da famosa...
Regístrate para leer el documento completo.