perspectivas pedagoxicas

Páginas: 6 (1348 palabras) Publicado: 13 de enero de 2015
Ferreira Míguez, Andrés

Perspectivas pedagóxicas para a actualidade
O tema a tratar é a elección dunha perspectiva pedagóxica para a nosa sociedade
actual que se adecúe o mellor posible ao que nós queremos que sexa unha boa
educación para os nosos futuros alumnos partindo das catro perspectivas dadas en clase
como son: a perspectiva tradicional, reformadora, sociopolítica eantiautoritaria.
A pregunta que se nos fai é : Cal é a mellor perspectiva a implementar hoxe en
día na nosa sociedade? A esta pregunta creo que non se lle pode responder
simplemente defendendo unha soa postura ou dando por descartado xa de principios
calquera unha das catro, xa que ó mellor para a sociedade actual o mellor sería facer
unha recompilación do que eu supoño que é o mellor de cada unha.
Temosas perspectivas extremistas como son a autoritaria e tradicional, e logo as
‘’intermedias’’ reformadora e sociopolítica. Na miña opinión ningún extremismo é bo
por natureza, xa que daría lugar a dispersións entre a sociedade, non todo ser humano
pensa igual, e as ideas son moi distintas entre nós, pero si que podemos chegar a
pensamentos en común que se poidan levar á práctica.
Porque noncoller unha perspectiva tradicional? Pois ben, non creo que fomentar
o sistema competitivo só sexa algo bo para o noso futuro alumnado. Esta idea levaría a
“crear” alumnos con ideas individuais e sen case empatía polos seus compañeiros. Por
outra banda, nunha ensinanza básica, tampouco sería bo centrar ós alumnos nun só
tema por día que entre outras cousas é decidido polo profesor; istopodería levar a que
algúns alumnos non estean centrados nunha clase un dia enteiro (non nunha hora como
pode ser o caso de hoxe en día) e de ocorrer isto, o único modelo para que o alumno
acade o coñecemento ensinado polo profesor que propón esta perspectiva baséase na
repetición de exercicios (non se aprende a reflexionar sobre o porqué e para o que serve
o aprendido, e así chegar a destrución deposibles inventores en potencia) e nos
castigos. Por último, no tocante ás linguas, creo que o non ter dentro dos seus plans o
aprendizaxe doutras linguas autónomas, ou o que algúns erroneamente chaman
“linguas inferiores”, é realmente un prexuízo. Creo que cantas máis linguas poida
adquirir un alumno (non digo con isto que haxa que impoñerlle 8 linguas para aprender),
máis coñecementos podeaprender, xa que na miña opinión, unha das mellores formas
de aprender e razoar sobre temas novos é comunicándonos con outras persoas, ben
sexa do noso entorno ou doutro país.
Unha perspectiva antiautoritaria? Vexo o maior problema no illamento temporal
dos alumnos para acadar o obxectivo requirido. A idea é que estando sen a familia non
adoptan a súa cultura, a opinión dos pais... o queestá ben ou mal ,apréndeno por si
mesmos, pero falla que no momento en que se van de vacacións, un neno en 3 meses
pode chegar a acaparar estes “malos” hábitos da poboación da escola antiautoritaria,
co cal, á volta a ela, xa tería uns valores que realmente non foron aprendidos por el,
senón polo medio que o rodeou neses meses e que non teñen que ser sempre os valores

da escolaantiautoritaria. Por outra parte, o tema emocional, non creo que sexa bo
separar a un fillo dos seus pais, xa que o cariño, amor e outros sentimentos emocionais
que se pode dar da relación pais-fillos para min é importante.
Sociopolitica? Non é das que máis me desgusta, pero a idea de impoñer a un
mozo/moza dende pequenos a ideoloxía de buscar o ben social sen importar a felicidade
propia non creo quesexa o mellor para a nosa sociedade. Un alumno debe ser
primeiramente feliz el mesmo na miña opinión para que poida transmitir esa felicidade
á sociedade, e en común logo, conseguir esa sociedade máis pura. Unha persoa pode
ser feliz por axudar a outra, pero chegaría ao seu cume utópico da felicidade se el xa o
fose antes, e non quedar só sendo un sufridor por ese ben común.
Por último, a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Perspectiva
  • perspectiva
  • Perspectivas
  • Perspectivas
  • La Perspectiva
  • Perspectiva
  • PERSPECTIVA
  • perspectiva

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS