Petróleo

Páginas: 76 (18893 palabras) Publicado: 27 de febrero de 2015
1.1 Petroquímica
Do petróleo obtéñense determinados compostos que son a base de diversas
cadeas produtivas que acaban nunha ampla gama de produtos denominados
petroquímicos, que despois se utilizan nas industrias de fertilizantes, plásticos,
alimenticia, farmacéutica, química e téxtil, entre outras.

A conversión de hidrocarburos en produtos químicos chámase petroquímica e
é unha daspedras angulares da industria e a tecnoloxía actual. Esta industria
fixo posible moitos dos produtos que hoxe se consideran normais e necesarios,
como compoñentes electrónicos, tecidos, xoguetes irrompibles...

A utilización do petróleo e o gas natural como fontes de produtos petroquímicos
foi posible grazas ao desenvolvemento de técnicas de transformación da súa
estrutura molecular. O crecementoda demanda dos produtos petroquímicos
debeuse ao desprazamento das materias primas tradicionais polas novas
materias sintéticas:
Todo o mundo necesita do petróleo. Nunha ou outra das súas moitas formas
usámolo cada día da nosa vida. Proporciona forza, calor e luz; lubrica a
maquinaria e produce alcatrán para asfaltar a superficie das estradas; e del
fabrícase unha gran variedade de produtosquímicos.

O petróleo é a fonte de enerxía máis importante da sociedade actual. Pensar
en que pasaría se se acabase repentinamente, fai chegar á conclusión de que
se trataría dunha verdadeira catástrofe: os avións, os automóbiles e autobuses,
gran parte dos ferrocarrís, os barcos, centrais térmicas, moitas calefaccións...
deixarían de funcionar. Ademais, os países dependentes do petróleopara as
súas economías entrarían en bancarrota.

O petróleo é un recurso natural non renovable que achega a maior porcentaxe
do total da enerxía que se consome no mundo. A importancia do petróleo non
deixou de crecer desde as súas primeiras aplicacións industriais a mediados do
século XIX, e foi o responsable de conflitos bélicos nalgunhas partes do mundo
(Oriente Medio).

A altadependencia que o mundo ten do petróleo, a inestabilidade que
caracteriza ao mercado internacional e as fluctuacións dos prezos deste
produto, levaron a que se investiguen enerxías alternativas, aínda que até
agora non se logrou unha opción que realmente o substitúa.

1.2 Repsol YPF

1.2.1 A Compañía
Repsol YPF é unha empresa internacional integrada de petróleo e gas, con
actividades en máis de 30países e líder en España e Arxentina. é unha das
dez maiores petroleiras privadas do mundo e a maior compañía privada
enerxética en Latinoamérica en termo de activos.

1.2.2 Principais feitos:


1981 Creación do INH: Organismo público no que se incorporan as
participacións estatais de compañías do sector (principalmente downstream)



1986 Creación de REPSOL: O seu accionista únicoINH



1989 O Estado (INH) inicia a privatización de REPSOL. OPV del 26% do
Capital de Repsol



1991 Créase a compañía Gas Natural



1993 Oferta Global de Accións de Repsol



1995 OPV del 19% do Capital de Repsol



1996 OPV del 11% do Capital de Repsol. Repsol merca Astra



1997 O Estado culmina o proceso de privatización de REPSOL. OPV do 10%
de Capital deRepsol



1998 REPSOL estudia a posibilidade de acudir á privatización de YPF



1999 Compra da petroleira estatal Argetina YPF

1.2.3 Innovación e tecnoloxía
A actividade tecnolóxica de Repsol YPF comprende tanto a investigación e
desenvolvemento de novos produtos e procesos de produción en áreas onde
dispoñer de tecnoloxía propia é unha vantaxe competitiva, coma o soportetecnolóxico especializado para seleccionar e adaptar tecnoloxías adquiridas.

Proxecto CENIT
O programa CÉNIT (Consorcios Estratéxicos Nacionais de Investigación
Técnica), está promovido pola Administración Española, no contexto do seu
programa de Fomento da Cooperación estable Público-Privada en I+D+i.
Pretende a promoción e o desenvolvemento de grandes proxectos de
investigación industrial de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Petroleo
  • Petroleo
  • Petroleo
  • Petroleo
  • Petroleo
  • Petroleo
  • Petroleos
  • petroleo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS