platçon

Páginas: 11 (2665 palabras) Publicado: 28 de enero de 2015
PLATÓN

CONTEXTO
O mundo clásico articúlase no contorno do Mediterráneo, a mar convértese así
nun medio de relación. O seu clima temperado e estable estimula unha actitude
vital orientada ao tempo libre e á vida comunitaria. A súa cultura denominábase
helenística, e non se trataba dunha cultura homoxénea, as tribos que a
constituían estaban unidas por uns antepasados comúns, unha mesmalingua e
unha mesma relixión. A xeografía e a economía favoreceron nos primeiros
tempos a formación de pequenas comunidades que se converterán na
pólis.Pero, que é a pólis? en realidade non é só unha cidade, senón mais ben,
unha cidade-estado de reducidas dimensións, independente e soberana
composta por un núcleo urbano rodeado por aldeas e campo. As dúas pólis que
supuxeron un punto dereferencia e admiración son Atenas e Esparta.Mentres
que Esparta presenta unha oligarquía (goberno dos poucos) que provoca
inmovilidade política e un ríxido militarismo, en Atenas, polo contrario, destaca
a inestabilidade política debida ás continuas loitas entre os distintos sectores de
poboación: a minoría privilexiada que contan coas terras máis productivas, os
pequenos propietarios de terra e ostraballadores do campo e a cidade
(campesiños, artesáns e comerciantes).
Así pois Atenas mantiña unha tradición ben distinta:Coas leis escritas
establécese a diferenza entre leis da natureza, physis, e leis humanas, nómos.
Así, nos centros das cidades gregas non había un palacio nin un templo, senón
un lugar baleiro: a Ágora. A praza do mercado. O lugar da lei. O lugar onde
calquera debeser tratado como calquera outro, o lugar da democracia.Con este
“goberno do pobo” consolidado por Pericles no século V a.C, os atenienses
non eran súbditos,senón cidadáns, homes libres con dereito a participar
directamente na xestión da cidade a través da Asemblea e dos tribunais, do que
quedaban excluídos os extranxeiros,os escravos e as mulleres.
No século V,idade de ouro da arte grega,Atenas ocupa unha posición
hexemónica. Coa morte de Pericles entra en decadencia, sendo a polis de
Esparta a que termine por impoñerse tras as Guerras do Poloponeso. Como
consecuencia disto, Atenas verá como a súa democracia é desmantelada,
impoñéndose a chamada Tiranía dos Trinta Tiranos. Pero eses mais de 50 anos
baixo o mando de Pericles foron tempos de euforia que se plasmaron na
restauraciónda Acrópole, na limitación de poder das oligarquías e no
asenamento da democracia.
Foi Aristóteles quen de designar a democracia como o goberno da maioría
en interese propio, frente ao goberno da maioría con mirada ao ben común de
Platón.Debido á influencia destes filósofos, a República pasou a ser a forma
máis xusta de goberno.Así o recolle Platón na súa obra principal, A República.
Afilosofía grega nace dunha actitude crítica ante ás explicacións míticas da
realidade do Universo,aportando un pensar racional.Os filósofos presocráticos

preguntáronse polo principio de todalas cousas (arxé) e pola súa natureza
(physis).Mais ese principio é diferente en cada un deles,e dependendo de se
defendían a existencia dun único arxé ou máis de un,poden ser clasificados e
monistas oupluralistas.Estábase nunha rúa sen saída,cherágase a unha
diversidade de teorías opostas e incompatibles.Podíase coñecer a verdade? Na
segunda metade do século V a.C os sofistas,e sobretodo Sócrates, comezaron a
preguntarse sobre o home.Os sofistas eran extranxeiros cultos que se
instalaron en Atenas e se adicaron a educar á mocidade nas artes da
oratoria.Estas servían para convencer nasasambleas e para gañar nos
debates.En xeral, en todolos temas os sofistas mantiñan unha actitude
relativista e escéptica.Pois sostiñan que as leis eran puramente convencionais e
carentes de valor universal.
Dada a vocación política de Platón,os avatares políticos que tivo que vivir
(crisisda democracia ateniense,guerras) e a amarga experiencia da condena á
morte do seu mestre Sócrates,reaccionou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS