PLATÓN

Páginas: 39 (9726 palabras) Publicado: 13 de noviembre de 2013
PLATÓN

MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL

1. 1. A FORMACIÓN DA POLIS GREGA
O pensamento grego nace na polis, na cidade estado grega, e está moi ligado á forma de organización política de esta que coñecemos como democracia. A continuación explicaremos cómo naceu a polis e cales son as súas características.
1/ A monarquía micénica: a Grecia Arcaica (Do século XIX ao XII a. C.)
O mundo gregomáis antigo é parecido en moitos dos seus rasgos cos reinos do Oriente que lle foron contemporáneos (Exipto e Mesopotamia).
A vida social aparece centrada en torno ao palacio cuxa función é relixiosa, política, militar, administrativa e económica á vez (civilización palatina).
O rei ou Anax ten un carácter divino, é o centro, todo xira en torno del, contrólao todo: concentra e reúne na súa persoatodos os elementos do poder. Por medio dunha xerarquía de escribas, intermediarios e burócratas controla e regulamenta minuciosamente todos os sectores da vida económica e todos os dominios da actividade social.
A organización político-social está fortemente xerarquizada dende o goberno palatino ata o das aldeas por unha escala de representantes da administración. No relixioso hai unha castasacerdotal cerrada e privilexiada.
2/ O estado aristocrático: (Do século XII ao VII a.C.)
As invasións que se producen no século XII destrúen o sistema de economía palatino.
O rei ou Anax é substituído por un grupo de xerarcas agora denominados basileus que non centralizan o poder desaparecendo o sistema administrativo, a clase de escribas e a escritura (que non reaparecerá ata o século IX con unalfabeto simplificado).
A organización social anterior desaparece e quedan agora dúas clases diferenciadas e opostas que se enfrontarán en ocasións violentamente. Estas son a aristocracia guerreira (genos) e as comunidades aldeáns (demos). Para mediar entre eles aparecerá o pre-dereito político (antes non facía falta, a lei era o rei).
O basileus recolle o poder do Anax, pero o seu poder é moitomenor e non ten carácter divino. Ten unha función esencialmente relixiosa, descentraliza o poder. Os basileus proceden de unha aristocracia nobiliaria e mercantil.
Os genos son liñaxes cerrados dirixidos por terratenentes agrícolas e militares. están vinculados por unha mesma relixión, descenden de un mesmo personaxe e adoran a un mesmo deus. A xerarquización e a unión dependen da pureza desangue. Teñen un forte sentido da solidariedade e unha forte conciencia do deber e cumprimento para cos membros do seu genos. Exaltan os valores de loita, concorrencia, rivalidade e pertenza a unha mesma comunidade.
Os valores e comportamentos de esta clase militar aparecen narradas nos poemas homéricos, sobre todo na Iliada.
3/ A aparición da polis (Do século VII ao VI a.C.)
A partir do século VIIa. C. tivo lugar unha fonda transformación na sociedade grega.
Cobra unha importancia definitiva o comercio: A economía grega orientase cara ao comercio marítimo.
Aparece a moeda. A riqueza non se mide tanto xa pola tenencia de terras coma polo diñeiro que se ten.
Desenrolase nas cidades unha clase artesanal (facilidade para crear os propios útiles grazas ao ferro) que cada vez terá máis pesoeconómico e político.
Coa reanudación da relación con Oriente (que estivera interrompida dende tempos da caída da monarquía micénica) entra en contacto con novos coñecementos técnicos e xeográficos, pero ademais con outras formas de vida e costumes.
No que se refire á moral: os valores guerreiros e aristocráticos quedan desfasados cando as relacións comerciais esixen novas normas de xustiza edereito como base dos intercambios.
A desaparición do palacio creou un baleiro de poder (espazo que ocupará a ágora). Nace unha reacción ante a situación de anomía (ausencia de lei) existente: desexase reformar a vida social en función da comunidade.
Serán uns lexisladores coñecidos como os sete sabios quen asumirán a tarefa da organización da polis e a invención de leis que harmonicen e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • platon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS