Platon
Significado da palabra “polis”
Durante a época arcaica (séculos –VIII a –VI) a Hélade era fundamentalmente un
mosaico de pequenas comunidades políticas ailladas físicamente unas doutras polo
mar e as montañas. O típico era que unha comunidade ocupase un val. Estas
comunidades políticas eran completamente independentes. Chamábanse polis. A palabra “polis” soetraducirse por “cidade”. De feito, a maioría da poboación da maioría das polis vivía no campo e adicábase á
agricultura. A clase dominante nas poleis estaba constituida polos terratenentes
hereditarios.
As causas da formación da polis
Sitúase entre a metade do século –VII e a metade do –VI a formación
da polis grega. Nesta época vivíronse grandes transformacións. Cara fora, os
“helenos”expándense, a consecuencia dun gran aumento da poboación e tamén de
convulsións políticas internas, por numerosas colonias fundadas na costa do mar
Negro, Exipto e norte de África, especialmente Sicilia e o sur de Italia, e ata a
costa meridional de Francia (Marsella) e a do nordeste español (Ampurias). No
interior dos pobos gregos prodúxose, no medio de terribles loitas, a caída da
monarquía e daaristocracia, proceso que levou a formación da polis. En boa
medida, a formación da polis debeuse ao acceso da “burguesía” ao poder, un
acceso que se víu impulsado pola progresiva transformación da economía natural de
troco en economía dineraria, da propiedade territorial en capital móbil, e polo
intenso desenvolvemento do comercio marítimo cos demais pobos das costas
mediterráneas.
As poleiseran moi distintas unas das outras, tanto pola súa extensión como pola
súa poboación e a súa estructura política e social. Unhas –como Esparta- eran
bastante grandes, do tamaño dunha provincia española. Outras eran minúsculas e se
repartían unha pequena illa entre varias. Atenas chegaría a ter 250.000 habitantes,
mentres que outras poleis non acadaron nunca os 5.000. Pero todas, grandes epequenas, eran completamente soberanas. Os gregos dunha polis sentíanse
solidarios, dependían totalmente dela e non tiñan outra instancia superior á que
acudir. Os estranxeiros non tiñan dereitos nin autoridade. E os cidadáns dunha polis
non vacilaban en facer ou esclavizar se podían aos da polis veciña
Unha cultura común
A pesar das diferencias mencionadas entre as numerosas polis queconformaban a
Hélade (unhas 1.500 comunidades desparramadas por todo o Mediterráneo e o mar
Negro), todas elas compartían unha mesma cultura, falaban dialectos dunha mesma
lingua, escoitaban con gusto os mesmos poemas homéricos e honraban aos mesmos
deuses olímpicos. As súas principais institucións comúns eran os xogos olímpicos,
celebrados cada catro anos en honor a Zeus e nos que participabanatletas, poetas,
charlatáns e curiosos de toda a Hélade, e o oráculo do deus Apolo en Delfos, cuxo
consello era buscado por todos os gregos antes de emprender calquera empresa
importante.
A importancia da lei no contexto socio-político da polis
Como xa se dixo máis arriba, durante a época arcaica a maioría das poleis gregas
estaban gobernadas pola aristocracia terratenente. Estes terratenentesconsideraban natural que fosen eles os únicos que podían intervir no goberno da
polis, pois eles eran os máis capaces e virtuosos. Estas calidades transmitíanse na
súa linaxe. O seu goberno era unha aristocracia (literalmente, goberno dos
mellores). O crecemento demográfico e o desenvolvemento do comercio deu lugar a
grandes tensións e conflictos sociais que eran dirimidos mediante arbitraxepolos
mesmos aristócratas, que con frecuencia emitían sentencias inxustas no seu propio
proveito. Na administración de xustiza, os aristócratas pretendían guiarse polas leis
tradicionais de cada polis, que incorporaban os usos da comunidade e procedían dos
mesmos deuses. Pero como esas leis non estaban escritas en ningún lado, a súa
administración e interpretación polos aristócratas (que con...
Regístrate para leer el documento completo.