poemas gallegos

Páginas: 4 (775 palabras) Publicado: 10 de junio de 2013
NOUTURNIO
Da aldea lexana fumegan as tellas; 
detrás dos petoutos vai póndose o sol; 
retornan prós eidos coa noite as ovellas 
tiscando nas beiras o céspede mol.
Un vello, arrimado nun pau desanguiño, 
o monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso; unha pedra topou no camiño 
e nela sentouse pra folgos tomar.
-¡Ai! dixo, ¡que triste, 
que triste que estou! 
I on sapo que oía repuxo:-¡Cro, cro!
¡As ánemas tocan!...Tal noite com’ esta
queimóuseme a casa, morreume a muller;
ardeume a xugada na corte i a besta,
na terra a semente botouse a perder.
Vendín pros trabucos bacelos ehortas 
e vou polo mundo de entón a pedir;
mais cando non topo pecháda-las portas,
os cas sáienme a elas e fanme fuxir.
Canta, sapo, canta:
ti i ei ¡somos dous!...
I o sapo, choroso, 
Cantaba:-¡Cro, cro!
Soliños estamos antrambos na terra, 
mais nela un buraco ti alcontras i eu non.
A ti non te morden os ventos da serra 
i a min as entranas i os ósos me ron.
Ti, nado nos montes, nosmontes esperas, 
decote cantando, teu térmeno ver; 
eu, nado entre os homes, dormento entre as feras,
e morte non acho, si quero morrer.
Xa tocan... Recemos,
¡que dicen que hai Dios!...-
El rezai o sapo 
cantaba -¡Cro, cro!
A noite cerraba, i o raio da lúa 
nas lívidas cumes comenza a brilar; 
curisco que tolle nos álbores brúa 
i escóitase ó lexos o lobo ouvear.
O probe do vello, cosanos cangado, 
erguese da pedra i o pau recadou; 
virou para os ceos o puño pechado 
e cara ós touzales rosmando marchou...
Cos ollos seguíndoo 
na escura extensión,
o sapo quedouse
cantando:-¡Cro, cro!



Curros Enríquez é un poeta a favor da clase máis desfavorecida e a súa poesía está moi implicada nos temas socias e cívicos como é o caso de Nouturnio, un poema da obra Aires damiña terra. Neste poema faláse das penurias dun pobre labrego que cos anos perdeu todo, como a súa muller , é como una critica ou denuncia contra os poderes terrais como divinos, xa que estes foron a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gallegos
  • Gallego
  • Gallego
  • Gallego
  • gallego
  • Gallego
  • gallegos
  • Romulo Gallegos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS