Poesia De Vangarda

Páginas: 4 (893 palabras) Publicado: 24 de noviembre de 2012
2. A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. A vangarda é un conxunto de correntes artísticas europeas (1910-1930), con afán de ruptura con todo o anterior, unhaactitude provocativa que se aplica a todos os campos estéticos: pintura, escultura, música, literatura... Non conciben a arte como imitación da realidade, senón como nova interpretación persoal desta. Enpoesía, prescinden dos moldes tradicionais, ordenando, con certa frecuencia, os versos a xeito de caligramas. Os “ismos” europeos foron abundantes e pouco duradeiros: A primeira corrente renovadora é oCubismo; nace como escola pictórica por volta de 1907. Procura a percepción intelectual da realidade, descompoñendo os obxectos en liñas e planos xeométricos que, no cadro, se presentan recompostoslibremente. Un proceso semellante prodúcese na literatura, mesturando conceptos ou imaxes, distorsionando a sintaxe e revolucionando a tipografía cos Calligrammes de G.Apollinaire, poemas en que se creanimaxes visuais grazas á disposición dos versos na páxina. O Futurismo iníciase coa publicación en 1909 dun manifesto de Marinetti que exalta a violencia e a luxuria, a velocidade e o maquinismo, atécnica e o progreso. Os futuristas imprimen aos seus escritos dinamismo e rapidez verbal, suprimindo adxectivos e adverbios. Efémero foi o Dadaísmo, nacido en Zurich en 1916 da man de Tristan Tzara comorepulsa violenta contra a racionalidade que conduciu á devastación e horror da 1ª Guerra Mundial. Rebélase contra a lóxica e a racionalidade, contra as convencións estéticas e sociais para liberar afantasía mediante unha linguaxe mesmo incoherente. As súas manifestacións públicas son actos provocadores. De longa traxectoria será o Surrealismo (superrealismo), que constitúe a grande revoluciónestética e ideolóxica do s. XX. Encamíñase a unha transformación liberadora do home (influencia da psicanálise de Freud: primacía do soño, a loucura, o inconsciente, a hipnose) dando vía libre ás...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Poesía de vangarda
  • A poesia galega de vangarda
  • Vangardismo
  • Vangard
  • Poesía "La Poesía
  • La poesia
  • Poesías
  • Poesias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS