Poesía e prosa galega 1936/1976
Como consecuencia da Guerra Civil, a literatura galega deixa de existir como manifestaciónpública durante máis dun decenio. O centro da actividade literaria desprázase a Latinoamérica, onde os nosos escritores exiliados continúan a súa produción literaria. Polo tanto escríbense no exilio amaioría das novelas da época que serán publicadas xa na democracia. Ata a década dos 50 non hai, polo tanto, manifestacións literarias neste xénero ata que, no ano 1951, sae a primeira novela galega deposguerra, A xente da barreira, de Ricardo Carballo Calero. A partir deste momento se retoma a actividade literaria e así verán a luz obras de autores como Fole, Cunqueiro ou Blanco Amor.
Englóbanseestas obras nunha serie de correntes literarias. Unha destas liñas e continuadora da prosa da Xeración Nós, a que pertencen Risco, Otero Pedrayo ou Carballo Calero. Outro movemento da época é o realismofantástico, representando pola obra de A. Cunqueiro que mestura elementos culturalistas con recursos que proveñen do mundo popular. Por outra banda, xorde o realismo popular representado por Ánxel Folecaracterizado pola ambientación rural e a sinxeleza argumental que toma como modelo a oralidade. Representado por Blanco Amor, o realismo popular plasma a vida no Ourense do século XX; das clasesobreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen. Por último o realismo rural esta representado por Xosé Neira Vilas, coñecedor de primeira man das penurias da vida labrega, non exento dedenuncia.
Ao mesmo tempo nacerá a Nova Narrativa Galega da man dos autores máis novos como Ferrín, Mourullo ou Casares, unha prosa totalmente diferente a moderna.
A poesía entre 1936 e 1976. Axeración do 36, a Promoción de Enlace e a xeración das Festas Minervais.
Despois do silencio imposto durante os primeiros anos do réxime, na década dos 50 emerxe de novo a poesía galega que,...
Regístrate para leer el documento completo.