practicas ecologia 2
A primeira practica realizada foi unha visita o Lic do Rio Lèrez, para observar os impactos ambientais cos que è agredido o Lic.
■Especies invasoras aloctonas, Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Eucalyptus globulus, Eucaliptus camaldulensis, Robinia pseudoacacia, Conyza canadiensis, Phytolacca americana, Cortaderia selloana, Tradescantia fluminensis, Amaranthus sp,…Cyperus egragostis
Helichrysum foetidum
Buddleja davidii
■Manexo agresivo dos recursos hídricos con presas e captacions industrais e para consumo humano.
■Vertedeiros incontrolados nas beiras ainda que se ve que se fixeron limpiezas e para ser un lic tan cercano a unha gran cidade non son moi grandes.
Caracteristicas do Lic do Rio Lèrez.
Situación.
Tramo baixo do río Lérez ataa súa desembocadura na ría de Pontevedra. Localidades de referencia: Pontevedra, A Lagoa-Campo Lameiro.
Concellos: Pontevedra, Campo Lameiro, Cotobade.
Superficie: 18,60 ha.
Outras figuras de protección
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (''Río Lérez'', 149 ha).
Accesos
Tomando como base a cidade de Pontevedra, a estrada N-541 discorre máis ou menos en paralelo ao río ataSan Xurxo de Sacos. Diversas estradas locais e secundarias (PO-223, PO-231), permiten o achegamento a diferentes puntos do LIC.
Descrición
Tramo de curso baixo do río Lérez (altura media: 66 m), ao longo dos seus últimos 18 km, desde Mourente, nas inmediacións da cidade de Pontevedra, ata as proximidades dos lugares de Praderrei e Fentáns, leito arriba. Nesta zona, o río presenta unpercorrido sinuoso e de escasa pendente (0,35%), e discorre sobre un substrato petrolóxico principalmente granítico e, nalgúns puntos, de gneis glandular. Entre os pequenos afluentes que se lle incorporan destacan o río Almofrei e os regatos dos Calvos, Maneses e Tenorio. Á altura de Campo Lameiro o seu caudal absoluto é de 14,4 m3/seg, mentres que na súa desembocadura é de 21,2 m3/seg. Como correspondeá área xeográfica na que se inclúe, o período de maior caudal vai de decembro a marzo, con máximos en febreiro, mentres que os mínimos alcánzanse en setembro. Boa parte do tramo protexido coincide cos coutos de pesca de Monteporreiro (4 km), Bora (6,5 km) e Cutián (6,2 km).
Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sectorgalaico-portugués. Dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual oscilante entre os 1.600 mm (Pontevedra) e os 2.000 mm (Campo Lameiro), temperaturas medias desde os 15,2 ºC aos 11,8 ºC e ausencia de xeadas no seu sector máis baixo, que inciden xa considerablemente, ata unha media de 99 días anuais, no seu tramo más alto.
Hábitats
Hábitats deinterese comunitario (incluidos no Anexo I da Directiva 92/43/CEE) presentes no LIC:
■Uceiras secas europeas.
■Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo.
■Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).
■Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.
Flora e vexetación
Peto real (Dendrocopos major).Deinterese principalmente polos seus tramos ben conservados de bosque-galería ou ameneiral ribeirego (asociación Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae), dominado polo ameneiro, Alnus glutinosa, e acompañado de salgueiros (Salix spp.), abeleiras (Corylus avellana), carballos (Quercus spp.), freixos (Fraxinus angustifolia), e sanguiños (Frangula alnus) entre outras especies arbóreas. O cortexo arbustivo eherbáceo é excepcionalmente rico neste tipo de bosque, e inclúe diversas especies de fieitos, como Osmunda regalis. Estes arboredos cobren un 22% do LIC.
Fauna
Libellula spp.Numerosas especies de invertebrados asociados ao río e ao bosque de ribeira, entre as que se contan algunhas recollidas no anexo II da Directiva Hábitats, como o caracol (Elona quimperiana), os odonatos (Coenagrion...
Regístrate para leer el documento completo.