presentacion

Páginas: 13 (3248 palabras) Publicado: 23 de junio de 2014
Tema 6. AS REVOLUCIÓNS POLÍTICAS (1776-1848)
As ideas achegadas pola Ilustración e o crecemento económico e demográfico foron o preludio de fondos cambios políticos, coñecidos como revolucións burguesas ou liberais.
Os dous acontecementos que iniciaron estes cambios foron o parlamentarismo inglés e a Revolución Norteamericana, aínda que sen dúbida o feito clave deste período histórico será aRevolución Francesa.
A guerra de independencia dos EEUU
Conflito desenvolvido entre 1775 e 1783 que enfrontou ás trece colonias de Norteamérica contra a súa metrópole, Gran Bretaña. A guerra rematou coa sinatura do Tratado de París, no que a metrópole recoñeceu a independencia dos Estados Unidos de Norteamérica.

As trece colonias foran fundadas pola coroa británica e explotadas polas compañíascomerciais grazas ao establecemento de colonos. Eran gobernadas pola metrópole, mais con asembleas ou parlamentos propios. En 1765 xurdiu o descontento polo aumento dos impostos sobre o té e o timbre (documento emitido polo Estado), que vai culminar cun motín na cidade de Boston. A rebelión organizouse e no Congreso de Filadelfia proclamouse a Declaración de Dereitos (1774).
Dous anos despois,1776, proclamábase a independencia. Francia axudou as colonias con tropas (baixo o mando do Marqués de La Fayette) e España colaborou con armas, con subministracións e abrindo unha fronte no flanco sur.
Ao remate da guerra, os novos estados adoptaron un modelo federalista e constituíronse como república, outorgándose un réxime democrático.
A Revolución Francesa
Aínda que todos os historiadoresnon se poñen de acordo, a Revolución Francesa, iniciada en 1789, supuxo a apertura dunha nova etapa histórica. Este cambio é claro se consideramos que foi o motor da supresión do sistema señorial, da proclamación de liberdades, da igualdade de todas as persoas ante a lei e do establecemento dun Estado constitucional e parlamentario, fundamentado na soberanía nacional.
ANTECEDENTES
Resulta difícilprecisar cales foron exactamente os motores deste proceso. Entre eles, podemos sinalar:
Cambios económicos: Desenvolvemento agrícola e as malas colleitas nos últimos anos do século XVIII.
Inicios da Revolución Industrial en Inglaterra (primeira fábrica téxtil en 1733).
Intensificación do comercio coas colonias de América.
Aparición de dúas teorías económicas: a Fisiocracia, que defendía aagricultura como base da riqueza, e o Librecambismo, que considera que a riqueza principal nace do comercio dos produtos manufacturados.
Unha nova organización da sociedade, co imparable ascenso da burguesía. Malia permaneceren os estamentos do Antigo Réxime, o Terceiro Estado, integrado por profesionais, comerciantes, artesáns, etc., decátase da súa importancia e vai loitar pola igualdade e polaliberdade.
O Despotismo Ilustrado, é dicir, a existencia de monarquías absolutas pero ilustradas, que buscaron o apoio da alta burguesía.
Ideas ilustradas: un grupo de intelectuais e filósofos adoptaran a crítica como o fin para cambiar a orde establecida.
Montesquieu: defensor da monarquía parlamentaria. Falou dos tres poderes políticos e da súa separación: executivo (goberno); lexislativo (oparlamento) e xudicial.
Voltaire: pensador que loita contra a intolerancia e a inxustiza.
Rousseau: defensor da soberanía nacional popular.
A publicación da Enciclopedia en Francia foi dunha gran importancia para a difusión das ideas ilustradas. É unha obra colectiva, dirixida por Diderot e D’Alambert, na que se abordan as ideas do momento sobre as ciencias, as artes e os oficios.
Aindependencia dos EEUU, por supor o triunfo das ideas ilustradas. Os franceses regaláronlles aos estadounidenses a estatua da liberdade na súa conmemoración.
FASES DA REVOLUCIÓN FRANCESA
Revolución moderada. A Facenda francesa estaba baldeira, e os campesiños e artesáns atopáronse afundidos na miseria. O rei Luís XVI reuniu en 1787 unha Asemblea de Notables, esixíndolles que pagasen impostos. A nobreza...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Presentacion
  • Presentacion
  • Presentacion
  • Presentacion
  • Presentacion
  • Presentacion
  • Presentacion
  • Presentacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS