Principales corrientes actuales de pensamiento económico
monetaristas).
2) Marco cronolóxico: tanto o neokeynesianismo coma o postkeynesianismo son escolas
económicas quepodemos encadrar na segunda metade do século XX, período que se inicia
co remate da II Guerra Mundial e durante o cal se produce o chamado “milagre económico”
do capitalismo, unha etapa decrecemento económico que se estende dende 1950 até a crise
do petróleo a comezos da década dos 70. A partires desta crise, o pensamento económico
keynesiano, concibido para relanzar a economía en conxunturasadversas, é posto en dúbida
pola ortodoxia política e económica ante a súa ineficacia para aportar solucións ó longo dos
70 e 80. O cabalo de batalla destas dúas escolas será, xa que logo,completar as eivas da
teoría keynesiana e constituír un corpus teórico a partir do cal sexa posible propoñer
solucións viables ante calquera fenómeno económico. Pola súa banda, o monetarismo é máiscomplexo de situar cronoloxicamente, pois ten unha longa tradición na historia do
pensamento económico. Xa a mediados do século XVIII, autores coma Richard Cantillon e
David Hume trataron a cuestión decomo un aumento na cantidade de diñeiro afecta ós
prezos e á produción a curto prazo. Considérase a John Stuart Mill coma o pai do
monetarismo moderno, ó que tamén contribuíron de xeito sobranceiroKnut Wicksell, Ralph
G. Hawtrey ou Irving Fisher. Porén, cando na actualidade falamos de monetarismo, estamos a
referirnos a un conxunto de economistas influenciados polo pensamento de Milton Friedmane agrupados arredor da Escola de Chicago. Milton Friedman é un autor da segunda metade
do século XX, e polo tanto, coetáneo das dúas escolas anteriormente citadas.
3) Principais autores e obras:dentro do neokeynesianismo, destacamos a John Hicks con A
Crise da Economía Keynesiana e a Paul Samuelson con Fundamentos da Análise Económica.
Os autores postkeynesianos máis importantes son Paul...
Regístrate para leer el documento completo.