Proxecto Automoción

Páginas: 19 (4527 palabras) Publicado: 16 de octubre de 2011
2º Ciclo Superior Automoción . Curso 2010/11

Formato de presentación

|Familia profesional |Transporte e mantemento de vehículos |
|Ciclo formativo |Automoción |
|Grao |Superior|
|Módulo profesional |MP----- Proxecto en Automoción |
|Autor |Martín Gregorio Calviño Bestilleiro |

Índice

1. Introdución 3

2. Normativa reguladora 4

2.1 Constitución formal da empresa 4
2.2 Lexislación reguladora 11

3. Consideracións para acreación dunha empresa como negocio 12

4. Características e equipos dos talleres de reparación 17

5. Análise da actividade 20

5.1 Coñecementos técnicos 20
5.2 Características do lugar de implantación 20

6. Determinación dos recursos necesarios e desglose dos custes xerais 22

1. Introdución

O lugar no que me atopo a desenvolver a formación en centro detraballo é un servizo oficial Seat. Está situado no polígono industrial de Xaras (Ribeira).A pesar de non ser o único taller da zona, si é o único servizo oficial e conta con venta de recambios orixinal do grupo Volkswagen.

A nave na que se atopa esta divida principalmente en catro zonas:

Zona de recepción, venta de recambios e venta de vehículos.Zona de taller de mecánica.

Zona de taller de chapa e preparación de vehículos para pintura.

Zona de aparcamento de coches, onde tamén se atopa un apartado para a separación de residuos cumprindo coa “Lei básica de residuos 10/98” do 21 de abril.

O taller está equipado con toda a ferramenta especial da marca SEAT, ademais conta con 4 elevadores,un deles na zona de chapa e pintura, cabina de pintura, máquina de diagnóstico de avarías, frenómetro, máquina de control de gases,e outras ferramentas necesarias para o cometido do taller.

O taller tamén conta con certificado de calidade “ISO 9001:2008” e cumpre coa “Lei básica de residuos 10/98” do 21 de abril.

2. Normativa reguladora

A normativa estatal debase data de 1986:

Real Decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, por o que se regula a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles,dos seus equipos e compoñentes.

Real Decreto 455/2010, do 16 de abril, por o que se modifica o Real Decreto 1457/1986, de 10 de xaneiro.

Este último modifica determinadosartigos do Real Decreto 1457/1986,é consecuencia das seguintes leis:

Lei 17/2009, de 23 de novembro, sobre o libre acceso as actividades de servizos e o seu exercicio.

Lei 25/2009, de 22 de decembro. Esta modificou diversas leis para a súa adaptación a lei sobre o libre acceso as actividades de servizos e o seu exercicio, que transfire ao ordenamento español a Directiva2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro 2006 relativa aos servizos do mercado interior (Directiva de Servizos).

Normativa autonómica en Galicia, Decreto 206/1994, do 16 de xuño, que regula a prestación de servizos de talleres de reparación de equipos e compoñentes. (DOG nº 129 de 6/7/1994) modificado por o Decreto 347/1998, do 20 de novembro (DOG nº 237 de9/12/1998).

1. Constitución formal da empresa

Unha das primeiras decisións a adoptar por o promotor ou promotores de unha nova empresa, é a elección da Forma Xurídica de Constitución que vai adoptar a empresa: autónomo, sociedade civil, limitada, anónima...

|TIPO |Nº DE SOCIOS |RESPONSABILIDADE |CAPITAL...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Proxectos
  • Automocion
  • automoción
  • Automocion
  • Automocion
  • Automoción
  • automocion
  • automocion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS