proyectos

Páginas: 8 (1751 palabras) Publicado: 14 de diciembre de 2014
Exposición organización e xestión da aula.
Boas tardes somos o grupo 3.4 formado por: Ana Belén Cancela, Zaira Castiñeira, Rita Eiroa, Andrea Golás e Alba González e vamos presentarvos o noso traballo, para a súa realización seguimos este índice:
Introdución xeral do traballo, onde explicamos a grandes trazos en que vai consistir o noso traballo.
Contextualización xeral do centro no que imossituar a nosa aula.
Análise da aula, onde veremos as deficiencias da aula coa que traballamos.
A organización do ambiente, no que tratamos os aspectos que inflúen para organizalo.
O modelo educativo constructivista, no que nos baseamos para organizar de novo a aula.
Proposta do espazo e do tempo segundo o currículo de Educación Infantil. Neste punto reorganizamos de novo a aula en función,tanto do modelo educativo que escollemos, como do currículo.
E a bibliografía.

1. Contextualización.
En canto á contextualización do centro, dicir que a aula escollida atópase no colexio “A Merced” de Sarria, un municipio da provincia de Lugo, que ocupa unha posición central na metade sur da mesma.
Este colexio é privado concertado e nel impártese educación infantil e primaria, hoxe en díaconta con 134 alumnos/as distribuídos en tres unidades de educación infantil e seis de educación primaria.
O centro conta tamén cunha zona exterior formada por un pequeno parque infantil con columbios, tobogán e unha zona de descanso cuberta dunha gran arboreda.
Estes serían os planos do colexio.

2. Análise da aula.
Como podemos ver, aula na que imos traballar ten 44 m2 e componse por ungabeteiro, tres mesas hexagonais nun lado da aula e unha rectangular no outro lado para os nenos e nenas, unha mesa rectangular para a auga, os vasos e unha planta, catro bancos no centro da aula, a mesa da mestra, un armario ao lado desta con materiais para os nenos e nenas, unha alfombra de coches, outra máis grande enfronte da mesa da mestra, unha cociña, unha neveira, un encerado e dous taboleirosde cortiza. Ademais, anexo á aula está o baño.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
Os aspectos que se poderían mellorar na aula serían os seguintes:
- O material que se atopa no armario debería estar máis accesible aos nenos e nenas e colocarse a unha altura idónea para que poidan coller os xoguetes por si mesmos cando elesqueiran, ademais deberían estar máis ordenados para que cunha simple ollada os puideran localizar.
- Os bancos non deberían estar no medio da aula, porque ocupan un gran espazo desta.
- As ventás están moi altas e son moi pequenas, co cal non dan luminosidade suficiente á aula e, ademais, non lles permiten aos nenos e nenas ver o que hai no exterior dela.
- Os baños non teñen ningunha parade decristal, polo que así non se pode ver dende eles a aula e viceversa.
- As alfombras, non se poderían poñer do material do cal están feitas, xa que así non son seguras debido a que se acumula nelas moito po e sucidade. No seu lugar, sería máis seguro poñer alfombras de goma.
- O chan da aula non debería ser de baldosa, e non é aconsellable a existencia de rodapés xa que neles se acumula moitasucidade.
- A aula tamén debe ter unha zona onde poidan colgarse as producións feitas polos alumnos/as, carteis, anuncios, etc nun sitio no que non se requiran grampas nin chinchetas para que non supoñan ningún perigo para os nenos e nenas, un método que se pode empregar é o de colgar nun cordón todo o que se precise, con pinzas como as da roupa pero máis pequenas, un lugar así tampouco o podemosver na aula sobre a que estamos traballando.
Polo que respecta ao espazo exterior da aula, podemos ver que é amplo e conta na actualidade con árbores, un areeiro, e algúns xogos típicos de xardín, pero ademais disto sería aconsellable a existencia de dúas zonas separadas e ben delimitadas, como son a de acceso á escola e a de patio, na primeira pódese escoller calquera tipo de pavimento propio...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Proyectos
  • Proyecto
  • Proyectos
  • Proyecto
  • Proyecto
  • Proyecto
  • Proyectos
  • Proyecto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS