Re: Re: Compra del xiaomi red rice
Venres, 7 de marzo de 2014
Páx. 9801
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 21 de febreiro de 2014 pola se aproban as bases e se procede á
convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado
membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a
lingua dese país.
OEstatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia
plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en
toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas
competencias.
A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o dito sistema,
con respecto á autonomía universitaria, nomarco do Sistema universitario español e do
Espazo europeo de educación superior.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría
Xeral de Universidades, desenvolve unha política de apoio económico ao alumnado de ensino universitario encamiñada a favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e aexcelencia no rendemento académico. Nesta liña, con esta orde preténdese continuar coa política de bolsas e axudas para a
realización de cursos de idiomas no estranxeiro destinadas a estudantes universitarios.
Así mesmo, cabe sinalar que a adaptación do alumnado ao Espazo europeo de educaCVE-DOG: gwa9op42-ivm2-yfj3-wcg1-cpgdimikoxe0
ción superior exixe o coñecemento dunha segunda lingua paramellorar a competencia e a
capacidade de estudo e traballo no contexto internacional, razón pola que a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria debe apoiar as iniciativas dos estudantes
que poidan contribuír a enriquecer a súa formación académica e científica.
Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia e, en concreto, norelativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións, e ao establecido no Decreto 11/2009,
do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, e ás disposicións
aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 4/2006, do 30
de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, eo Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos
artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2006.
ISSN1130-9229
Depósito legal C.494-1998
http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 46
Venres, 7 de marzo de 2014
Páx. 9802
Na súa virtude, e no uso dasatribucións que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 113 axudas para estadías nalgún
Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a
lingua dese país, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados daUNED en Galicia,
para o curso 2013/14.
Artigo 2. Orzamento
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará estas bolsas
con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, cunha contía global de 124.300 euros, sen
prexuízo de poder ser incrementadas de acordo coas dispoñibilidades orzamentariasda
consellería, de conformidade cos supostos recollidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, e polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento da Lei 9/2007.
CVE-DOG: gwa9op42-ivm2-yfj3-wcg1-cpgdimikoxe0
Artigo 3. Período e dotación da axuda
1. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período
comprendido,...
Regístrate para leer el documento completo.