Recursos Humanos

Páginas: 17 (4143 palabras) Publicado: 17 de febrero de 2013
Recursos Humanos Curso 2010-2011
1
RECURSOS HUMANOS I
 EMPRESA, ORGANIZACIÓN E RR. HH.
 ORGANIZACIÓN FORMAL: LIÑA e STAFF.
 ORGANIGRAMAS e DEPARTAMENTALIZACIÓN.
 COMUNICACIÓN.
 ORGANIZACIÓN INFORMAL.
 ECONOMIA GLOBALIZADA: ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL E RR. HH.
 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA ORGANIZACIÓN DO TRABALLO.
Organización formal:
É a que adota unha estrutura na que se definen todosos níveis xerárquicos, postos, funcións, canles,…, de xeito que a empresa encaixa con exatitude a cada un dos elementos que a forman.
 Liña: son unidades que desenvolven atividades típicas da entidade, rixe o princípio de unidade de mando, cada persoa recebe ordes dun só mando; o grao de coordenación denomina-se amplitude xerencial ou ángulo de dirección.
 Staff: está formado por persoas oudepartamentos que non mandan diretamente sobre quenes forman a liña, a sua atividade fundamental é asesorar (staff puro).
Observa: Nunha empresa valora-se a autonomia e a creatividade dos que traballan nela, polo que considera-se como méritos, para todo o persoal, a consecución dos obxetivos e as propostas para mellorar o traballo. Polo contrário, noutra entidade fortemente xerárquizada,estabelecen-se obxetivos, pero unicamente se avalian segundo os mesmos aos diretivos, habitualmente non ten en conta as iniciativas dos seus subordinados; considera-se esencial o cumprimento preciso e pontual das ordes recebidas e estabelecen-se controis ríxidos do persoal. Cal das empresas presenta unha cultura máis participativa?, Cal máis creativa?, Cal máis centralizada? e Cal máis autoritária?Recursos Humanos Curso 2010-2011
2
Caso prático
 Nunha entidade de crédito, a liña está formada esencialmente pola rede comercial, que vende e xestiona produtos e servizos financeiros (cotas, fondos de investimento, planos de pensións, créditos, desconto de letras, xiros e transferéncias); esto é, forman a liña da entidade os departamentos dedicados á atividade típica do seu obxeto social. Ditosdepartamentos, que representas os princípios de xerarquia e unidade mando, figuran de forma sinxela .
 O departamento de recursos humanos pode-se considerar como staff mixto, xa que, ademais de asesorar en cuestións de persoal (selección e propostas de admisión, elaboración de planos de motivación e incentivos, histórias profesionais, …), xestiona e decide sobre aspetos relativos ao mesmo(elaboración de nóminas, controlo dos traballadores e traballadoras, distribución do persoal, …).
 Departamentos como os de imaxe corporativa ou de investigación comercial estarian entre os staff puros. O primeiro encargaria-se de supervisar a publicidade, diseñar logotipos, relacionar-se cos médios de comunicación, estudar acións de patronazgo,… O segundo ocuparia-se do diseño de novos produtos,exploración de liñas de negócio (nichos de mercado), estudo de apertura ou peche de oficinas, …
Evidentemente, os departamentos que nunha entidade son staff puros, noutra poden se mixtos ou liña, pois, en definitiva, depende da distribución de poder. Asi, por exemplo, o departamento de recursos humanos pode ter plena capacidade de decisión en todos os aspetos ou ser esencialmente asesor, de modo quequen decida os ingresos ou saídas de persoal sexa, por exemplo, a dirección xeral. Do mesmo modo, a creación de novos produtos pode responder a iniciativa da dirección do negócio, en vez de ser a consecuéncia dos estudos dun grupo de asesores. Departamentos como os de imaxe corporativa ou de investigación comercial estarian entre os staff puros. O primeiro encargaria-se de supervisar a publicidade,diseñar logotipos, relacionar-se cos médios de comunicación, estudar acións de patronazgo,… O segundo ocuparia-se do diseño de novos produtos, exploración de liñas de negócio (nichos de mercado), estudo de apertura ou peche de oficinas, … Evidentemente, os departamentos que nunha entidade son staff puros, noutra poden se mixtos ou liña, pois, en definitiva, depende da distribución de poder. Asi,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Recursos humanos
  • Recursos humanos
  • Recursos humanos
  • Recursos humanos
  • Recursos humanos
  • Recursos humanos
  • Recursos Humanos
  • Recursos Humanos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS