Redaccion

Páginas: 12 (2982 palabras) Publicado: 28 de febrero de 2013
PROCESOS XEOLÓXICOS EXTERNOS
A actividade xeolóxica externa desgasta os materiais da superficie. A serie de procesos que contribúen a desgastar e redondear o relevo reciben o nome de denudación continental , e consta de dúas etapas: meteorización e erosión.
METEORIZACIÓN.
A meteorización é o conxunto de procesos mecánicos ou químicos que disgregan as rochas por acción de axentes atmosféricos,hidrolóxicos ou biosféricos.
Consiste nunha disgregación in situ por acción do aire, dos seres vivos ou da auga.
Tipos de meteorización: mecánica e química.
Meteorización mecánica: é o proceso de fragmentación das rochas en anacos cada vez máis pequenos, que conservan as características orixinais. A fragmentación das rochas aumenta a superficie de contacto e deste xeito favorece ataquesquímicos posteriores. Este proceso pode darse a través de diferentes mecanismos físicos:
o Xelivación: a auga ao conxelarse aumenta de volume e fai presión nas paredes das fendas. Se se suceden procesos de conxelación e desxeo, as rochas fractúranse. Fenómeno moi activo en zonas de alta montaña ou en ambientes periglaciares. CANCHALES
o Haloclástica: fragmentación das rochas como consecuencia docrecemento de cristais de sal ao evaporarse a auga contida nas fendas das rochas.
o Descompresión: Formación de laxes de rocha debido á diminución da presión ao eliminar capas rochosas situadas por riba.
o Dilatación diferencial: nos ambientes desérticos, onde as variacións entre o día e a noite son moi bruscas, a repetición de moitos ciclos de dilatación e contracción dos minerais acaba disgregando asuperficie das rochas(termoclástia), que pode romperse en laxes ou en grans de minerais.
o Bioclastica: raíces e tallos das plantas que crecen nas gretas ou os animais escavadores poden exercer sobre as rochas unha acción mecánica capaz de fragmentala.
o Cambios de humidade: as variacións repetidas do volume xeral dunha rocha debida a ciclos de
humectación e desecación poden acabar pordisgregala.

PROCESOS XEOLÓXICOS EXTERNOS
Meteorización química: é o conxunto de procesos químicos que descompoñen os minerais das
rochas e os transforma noutras substancias.
Principais procesos químicos:
o Hidrólise. É a acción da auga disociada sobre algúns minerais. Os ións H⁺ e OH⁻ reaccionan coas moléculas da rede cristalina do mineral e as rompen en outras que se estruturan en outras menoscompactas.
o Hidratación química. É a introdución de moléculas de auga en estruturas cristalinas dos minerais, transformándoos en outros diferentes. Pode implicar unha variación importante do volume e da solubilidade das rochas, que se volven moi inestables. Ex. Solos de arxilas expansivas.
o Carbonatación. Debese a acción do dióxido de carbono disolvido en auga. O ácido carbónico resultante écapaz de reaccionar con moitos minerais, favorecendo a súa disolución.
o Disolución: Debido ao seu carácter polar, as moléculas de auga poden disolver minerais, ao extraer ións das súas redes cristalinas. Rochas moi afectadas: halita e xeso.
o Reaccións de oxido-reducción: os elementos metálicos dos minerais reaccionan coa auga e se
oxidan ou se reducen, formando minerais novos máis ou menoscompactos.
o Reaccións químico-biolóxicas: a presenza de substancias procedentes de restos orgánicos sobre as rochas favorece que se produzan nelas determinadas reaccións que as alteran. Un exemplo é a
quelación de ións, que é a formación de complexos macromoleculares entre ións metálicos procedentes dos minerais da rocha e compostos derivados da materia orgánica presente nos restos
davexetación que crece sobre ela.

EROSIÓN
A erosión finaliza o proceso de denudación continental. Osmateriais disgregados son arrastrados do seu lugar de orixe e depositados noutros lugares máis baixos, onde formaran rochas sedimentarias.
A erosión é o conxunto de procesos que modifican o relevo a través da mobilización dos materiais resultantes da meteorización das rochas por acción da auga, o vento...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Redaccion
  • REDACCION
  • redaccion
  • Redaccion
  • Redaccion
  • redaccion
  • redaccion
  • redacción

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS