Reglamente Posgrado

Páginas: 26 (6401 palabras) Publicado: 25 de mayo de 2014
Regulamento de estudos propios de posgrao

O presente Regulamento foi aprobado en sesión de Consello de Goberno de 25 de
outubro de 2006, e incorpora modificacións puntuais aprobadas en sesión de Consello
de Goberno de 28 de abril de 2010.
PREÁMBULO

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU) nos artigos 2.g e
34.3 recoñécelle ás universidades, no uso da súaautonomía, a posibilidade de impartir
estudos conducentes á obtención de diplomas e títulos propios, os cales carecerán dos
efectos que as disposicións legais concedan aos títulos oficiais.
Os artigos 2 e 3 do Real decreto 55/2005, respectivamente, definen os títulos propios
das universidades e regulan a súa expedición, o seu desenvolvendo e o artigo 34.3 da
LOU. Tamén o Convenio interuniversitarioespañol sobre estudos propios de posgrao
conducentes a títulos propios das universidades persegue unha homoxeneización destes
entre as diversas universidades do Estado e establece normas relativas ao seu alcance
académico, á súa obtención e á súa expedición.
Os Estatutos da Universidade da Coruña determinan, no seu artigo 49, que a nosa
institución “ademais de impartir estudos conducentes áobtención de títulos oficiais,
poderá establecer outros para a obtención de diferentes títulos propios, así como
programas de especialización profesional e de formación permanente”.
A Xunta de Goberno da Universidade da Coruña, na súa sesión do día 21 de decembro
de 2000, aprobou o Regulamento de estudos de posgrao co obxecto de consolidar e de
regular a súa oferta de estudos de posgrao. Amodificación do marco regulador xeral, a
adaptación do sistema universitario ao Espazo Europeo de Educación Superior, a
recente implantación de programas oficiais de posgrao na Universidade da Coruña e a
propia experiencia de traballo no desenvolvemento na práctica do regulamento de
estudos propios de posgrao aconsellan unha actualización e unha revisión deste que
afecta mesmo a súa denominación.En definitiva, o presente Regulamento de estudos propios de posgrao da Universidade
da Coruña ten como obxectivo establecer as normas xerais que regulen a organización e
a aprobación dos estudos propios de posgrao da UDC e respecta o establecido no Real
decreto 56/2005 polo que se regulan os estudos universitarios oficiais de posgrao. Así, a
presente norma será de aplicación aos estudospropios de posgrao da UDC, en que se
consideran como tales aqueles estudos de posgrao non establecidos con carácter oficial,
que foren aprobados pola UDC.

TÍTULO PRELIMINAR: Natureza dos estudos propios de posgrao da UDC

Artigo 1
A UDC, no uso da súa autonomía e de conformidade coa lexislación vixente,
poderá impartir estudos encamiñados á obtención de diplomas e títulos propios.
Estesdiplomas e títulos propios carecerán dos efectos que as disposicións legais
lle concederen aos títulos universitarios de carácter oficial.
Artigo 2
Os estudos propios de posgrao da UDC rexeranse polas disposicións legais
vixentes que foren de aplicación así como polo presente regulamento.
Artigo 3
A implantación dos estudos propios de posgrao responderá a criterios de interese
científico,profesional, social, económico ou artístico, sen pretender substituír ou
competir con aqueles estudos conducentes a obtención de títulos oficiais.
Artigo 4
A carga lectiva global e os contidos dos planos de estudo (módulos temáticos,
materias específicas e demais actividades formativas que se consideraren
pertinentes) dos estudos propios de posgrao da UDC estableceranse en créditos.
Para talesefectos, entenderase como crédito o regulado no RD 1125/2003
(crédito ECTS) que, ademais dos ensinos teóricos e prácticos, inclúe outras
actividades académicas dirixidas e as horas de estudo e de traballo dedicadas
polo estudante para acadar os obxectivos propios de cada materia.
O número mínimo de horas por crédito será de 25 e o número máximo será de
30 horas. Tenderase a estimar en 25...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • POSGRADO
  • posgrado
  • Posgrado
  • Posgrado
  • Posgrado
  • POSGRADO
  • posgrado
  • posgrado

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS