Relatos Sechu Sende

Páginas: 7 (1647 palabras) Publicado: 12 de diciembre de 2013
Nin en soños vou perder a mi lingua
Eu só teño cinco anos e sei que aínda non comprendo moitas cousas. Umm, por exemplo, non comprendo por que temos dedos nos pés ou por que eu escribo coa man esquerda.
Sei algunhas cousas. Gústame darlles voltas ás cousas. Sei por exemplo que as palabras se fan dentro da boca. Algunhas nacen máis dentro, aquí, na gorxa. E moitas, na lingua. Se eu penso unhapalabra, pas!, nese momento aparece na lingua e só teño que movela e a palabra sae voando para afora. Aínda que non se ven. Verse só se ven cando están escritas. Cando estaba aprendendo a ler, un día pensei que gardaba na barriga todas as palabras do mundo. Despois descubrín que non, que as palabras son como os pensamentos, están e non están. É como cando dis Teño unha idea, e a idea aparece nacabeza nese momento, como as palabras que aparecen na lingua nada máis pensalas. E así.
Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaaaa. Porque no autobús escoitei a unha señora dicá outra algo así como que O problema máis grande é que os nenos están perdendo a lingua. Dixo iso: Os nenos están perdendo a lingua. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben. E a outra señora dixo Ahá,con cara de preocupada.
Eu tiven que baixar do autobús na seguinte parada porque mamá me levaba da man e tiñamos que ir á carnicería. E cando chegamos á carnicería, cando collín o número na máquina, díxenlle a mamá: Mamá, é certo que os nenos están perdendo a lingua? E ela miroume como se lle fixese unha pregunta rar e púxose seria como cando está explicando o número nove, que para min é onúmero máis difícil, e díxome: Si, hai moitos nenos e nenas que están perdendo a lingua. Sobre todo nas cidades. Douscentos gramos de queixo, por favor.
Así que eu collín un pouco de medo porque, claro, eu vivo nunha cidade e aínda son unha nena. E abrín a boca e, aaaaaa, mirei a ver se a lingua seguía alí.
De volta no autobús, outra vez. Na radio. Despois de unha canción de non sei quen ponse afalar un señor e di algo así como O problema da perda da lingua estase estendendo por todo o país… E dixo “estendendo” como se fose unha enfermidade, como cando falan da gripe, ou como no verán cando os incendios se estenden polos montes e non poden apagalos. E eu díxenlle a mamá: E que se pode facer para non perder a lingua? E ela díxome Pois falar moito. Como de moito? Moito. Tes que falarseguido, dixo. Eu, cando non me vía, volvín aaaaaaaa sacar a lingua para ver se a perdera. Uff.
E por iso levo hoxe todo o día que non paro de darlle á lingua. Ola, ola, bos días, ola, boas tardes, fun saudando a todo o mundo pola rúa. E á veciña do terceiro no ascensor conteille que mamá mercara douscentos gramos de quiexo e douscentos de chourizo e trescentos de salchichón e tres bistés de porco e,cando cheguei á casa, púxenme a cantar a canción do camarón, ron, ron e así. E seguín cantando e falando para min e tanto falei que mamá na cea díxome Non se fala mentres se come.
De cando en vez saco a lingua, aaaaaaaaa, e dígolle Ola, estás aí? Olaaaaaaa. Uff.
Eu non comprendo como se pode perder unha lingua. De verdade que non o comprendo. Como pode perder alguén aa súa lingua? Pareceincríbel. Aínda que se toda a xente fala diso, debe de ser certo… Eu por se acaso espero non deixar de falar nin en soños. Ha! Nin en soños vou perder eu a miña lingua!


Madrith
Tengo dos hijos, uno de dos y otro de cuatro años. Y ni en la guardería ni en el colegio les hablan castellano.
Aquí en Madrid, los jóvenes hablan cada vez menos español. Leí en un periódico el otro día que sólo un 5por ciento de los jóvenes madrileños entre 16 y 21 años hablan español habitualmente. Lo cierto es que nuestro idioma no está pasando por buenos momentos. To lo contrario.
En la prensa, en la radio o la televisión el español tiene una presencia bastante baja. Por no decir que no hay revistas deportivas o del corazón en castellano, por ejemplo. Y si vas a una librería, los libros escritos en...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Senda
  • senda
  • senda
  • Relato
  • Relatividad
  • Relat
  • Relato
  • De los otros relatos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS