Resumen Aristoteles
Crítica da doutrina platónica.
O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás ideas de corte platónico.
O tránsito cara o mundo helenístico.
Crítica da doutrina platónica (sirve para o punto 3 dun comentario)
Se ben existen profundas semellanzas entre Aristóteles e Platón tamén hai diferenzas radicais a pesar de que pertencen a filosofíaantiga. Hai unha crítica ao idealismo platónico, xa que Aristóteles oponse radicalmente nefando a existencia das ideas ou formas platónicas como únicas e auténticas realidades. Non admite o dualismo ontolóxico de Platón. Ademáis sostén que a teoría das ideas é inútil, porque as ideas separadas non son quen de contribuir as explicacións das cousas. Non se pode separar a esencia da cousa concreta.Aristóteles propón un empirismo realista, sostendo que a única realidade existente é a dos seres do mundo físico, as substancias primeiras, sometidos aos procesos de movemento ou cambio.
Crítica do dualismo ontolóxico, pois según Aristóteles non existe outro mundo que o mundo físico. A física é unha ciencia verdadeira.
Crítica ao dualismo antropolóxico, para Aristóteles o ser humano non é unser dual senón unha unidade de materia e mente (corpo e alma) constituindo unha soa entidade. A alma non é unha entidade separada do corpo, de aí que careza de sentido e inmortalidade a alma individual.
Crítica á epistemoloxía platónica: Aristóteles, fronte ao idealismo platónico que distinguía entre coñecemento sensible intelixible (verdade ou opinión), propón unha epistemoloxía empirista,onde o coñecemento empeza polos sentidos. A mente humana é unha lousa limpa na que non hai nada impreso; chegando a afirmar que “non hai nada na mente que proveña dos sentidos”. Os sentidos informan verdadeiramente da realidade sendo preciso despois o segundo paso: o entendemento.
Crítica á teoría política: Aristóteles oponse ao idealismo político de Platón propondo no seu lugar unha teoríapolítica pragmática realista. Fronte á sociedade ideal deseñada por Platón propón unha sociedade real, posuíndo cada sociedade concreta valores e costumes propias, e por onde non hai unha forma cínica de goberno posible.
ampliar o tema
O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás ideas de corte platónico Teoría do coñecemento
Respecto o tema do coñecemento Aristóteles vaiseseparar rotundamente do platonismo que nega o coñecemento adquirido a través dos sentidos (doxa ou opinión). Aristóteles é un empirista polo que para chegar o coñecemento cre que a observación mediante os sentidos é fundamental, empezando o coñecemento humano deste xeito. O coñecemento comeza coas sensacións recibida a través dos sentidos. Pero o coñecemento humano non se deten ahí segúnAristóteles, pois despois elaboramos os conceptos escollendo ou peneirando o principal ou esencial. Para iso, realizamos unha operación mental chamada abstracción ou inducción que consiste en extraer o xeral e universal a partir dos casos particulares e repetitivos.
Desta labor encárgase o intelecto, que organiza e relaciona a información que adquirimos a través dos sentidos. Posteriormente, esteprocedemento será coñecido co nome de método inductivo.
Pola contra Platón propoñía a dialéctica como método de coñecemento para acceder ás ideas do mundo intelixible.
Tránsito cara o mundo helenístico
Como período histórico denominamos helenismo ao período que vai dende a morte de Alexandre Magno (323 a.C.) ata o apoxeo do Imperio Romano (finais do s.II d.C.). Coa morte de Alexandre Magno,Grecia entra en crise e declive. As polis gregas perden o explendor que tiveron no seu tempo e os cidadáns están desorientados. Neste contexto, comeza a xurdir un sentimento de individualismo, no cal cada individuo busca a felicidade e o benestar pola súa conta sen pensar na felicidade colectiva. Con isto, a partir de agora ética e política xa non se implican.
A filosofía nesta época vai ter unha...
Regístrate para leer el documento completo.