resumen libro agosto do 36

Páginas: 6 (1368 palabras) Publicado: 2 de junio de 2013
AGOSTO DO 36 (Xosé Fernández Ferreiro)
En Agosto do 36 (Premio Xerais de 1991), Fernández Ferreiro aborda o tema da Guerra Civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o "paseo" do que foi vítima unha parella de profesores rurais, Gregorio e Sara,de ideoloxía "vermella", nunha remota aldea da serra de Ourense, un mes despois do alzamento militar. Na súa novela, FernándezFerreiro renuncia ás fórmulas automemorialísticas e á primeira persoa para optar por un narrador ominisciente que reconstrúe, cincuenta anos despois e a partir das testemuñas veciñais, as violentas mortes desta parella. O autor conduce con grande axilidade ao lector pola trama da novela, e somérxese nunha atmosfera asfixiante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen aflote
TEMA : é unha obra na que se narra a situación de Galicia durante a guerra civil española.
ARGUMENTO : Xosé Fernández Ferreiro trata de volver aos inicios da guerra civil na que os falanxistas xuran limpar España de comunistas. Introducíndose nas situacións vividas nesa época, ademais dos métodos empregados para esa "limpeza", a obra reflicte un caso concreto dos moitos que neses momentosocorrían. A historia do libro plasma o profundo odio que sente un falanxista , Manuel o Garabís, cara a un mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor dunha muller, Sara. A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que sente a nivel persoal contra Gregorio. A atrocidade toma formade persoa no falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e por último, asasinar a muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara (a mestra e muller de Gregorio) unha vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos máis infa- mes levados da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser humano.
RESUMEN : Os protagonistasprincipais son Sara e Gregorio; un matrimonio de mestres que se coñecían dende a infancia. Esta parella é perseguida por un grupo de falanxistas encabezado por Manuel "O Garabís", cuxo pai estaba enfrontado dende a mocidade co pai de Gregorio, ao que chamaban "O Xirandón". A causa do seu enfado era por mor de que "O Xirandón" lle quitou a moza ao "Garabís". Os falanxistas (Manuel, Leonardo, Xan, eLuís) estaban moi interesados na captura de Gregorio pero das veces que o intentaron, Sara díxolles que o seu home se atopaba de viaxe. Estes, fartos xa da situación, decidiron secuestrar a Sara para que Gregorio a fose salvar e poder apresalo. Sara foi levada á "Touza" (un lugar afastado, de tempe- raturas moi bruscas), onde a tiveron retida. Eles apenas baixaban á vila, xa que os alimentos queprecisaban leváballos o taberneiro Lázaro, quen estaba tan namorado de Sara que o levou a obsesionarse. Durante unha longa e intensa semana, Gregorio non deu sinais de vida, só se comunicaba con Sara mediante o canto da perdíz que aprendera a facer de rapaz.
Un día Lázaro díxolles aos secuestradores que vira a Gregorio na súa casa. Luís e Leonardo baixaron para asegurarse, pero alí non atoparon aninguén. Despois, cando xa estaban de regreso na Touza, Luís oíu un ruido no monte e disparou, pensando que era Gregorio o que alí se atopaba. Manuel, nervioso por esa situación, e como o mestre non daba aparecido decidíu matar á fermosa e esbelta mestra, quen non facía máis que chamar por Gregorio.  Ao rematar todo isto a rapaza quedou alí tirada no chan rodeada de sangue e eles dispuxéronse abaixar cara á aldea. De camiño atoparon a Gregorio tirado no chan morto. 
Mataríase Gregorio, ou sería o disparo do "Garabís" quen rematou coa vida deste???
ESTRUTURA : é unha estrutura clásica de exposición - nó - desenlace na que, sen embargo, o desen- lace coñécese ao comezo, xa que a obra comeza coa nova dos asasinatos de Sara e Gregorio. Estamos polo tanto diante un final anticipado. Con...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen del libro "los relampagos de agosto"
  • Resumen del libro "Los relámpagos de Agosto"
  • Resumen del libro los relampagos de agosto
  • Resumen Agosto
  • Resumen Resistencia 120 36
  • Resumen nic 36
  • relámpagos de agosto resumen
  • Resumen boaventura do sausa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS