resumen manual de IB

Páginas: 12 (2799 palabras) Publicado: 19 de octubre de 2013
MANUAL DE

Unha vez lido este manual, podemos consideralo como unha ferramenta útil que proporciona un gran repertorio de posibilidades a partir da experiencia das propias coordinadoras, información básica da profesión e o funcionamento das destrezas implicadas na actividade tradutiva. Ademais, facilita a fundamentación básica, a preparación das clases e o aprendizaxe individual da IB.
Oprimeiro capítulo trata sobre unha introdución histórica no mundo da interpretación. Para isto, malia a escasa existencia de documentos e referencias, remontámonos no Mundo Antigo no III milenio a. C. onde atopamos as primeiras referencias sobre a actividade dos intérpretes nos monumentos funerarios dos príncipes de Elefantina e a primeira representación gráfica no friso de Horembheb onde ointérprete actúa de mediador. Tamén encontramos referencias á orixe do papel dos intérpretes no mundo grego, no impero persa, así coma na expansión territorial levada a cabo por Alexandre Magno, quen recorreu o uso de intérpretes nas campañas militares.
A continuación pasamos á Idade Media cando os árabes chegaron á Península e destacaba a actividade das escolas de tradución onde os responsables eransabios musulmáns e xudíos. Estas traducións medievais son importantes na historia da interpretación porque incluían versións orais na fase previa á tradución escrita con fin de facilitar a comunicación. Na mesma época nace a interpretación diplomática moderna coa aparición da figura dos intérpretes coñecedores do árabe denominados dragománs a causa da existencia de dificultades nas relacións entreestados cristiáns e musulmáns.
Na Idade Moderna, a ampliación do mundo en novos territorios crea a necesidade dos intérpretes para evitar a falta de entendemento, fallos na comunicación e malentendidos. Por exemplo, os portugueses durante as súass viaxes no século XV capturaban nativos para ensinarlles a lingua portuguesa e convertelos en intérpretes. Máis tarde optaron por prescindir do tráficode escravos e contar con africanos libres de boa posición social e incluso cos misioneiros que acabaran por aprender a lingua indíxena para proceder a comunicación interlingüística. Outro exemplo son os españois que durante descubrimento e conquista no Novo Mundo non lograban comunicarse coas civilizacións maia, azteca e inca sen os intérpretes, polo tanto os conquistadores necesitaban levar sempreconsigo intérpretes de distintas procedencias que ás veces incluso tiñan que recorrer á interpretación de relais para facer posible a comunicación e intervir na solución de posibles conflitos. Para rematar, os tradutores públicos e intérpretes xurados xorden nesta mesma época, xa que durante o proceso colonial foi preciso que estes xurases o seu traballo para garantir a regulamentación daorganización xurídica, cultural e administrativa das novas sociedades.
Por último, na Idade Contemporánea aparecen a interpretación diplomática e política e a interpretación de conferencias. A primeira naceu cos orientalistas europeos que practicaban a tradución literaria e a interpretación nas embaixadas ou acompañando ás delegacións dos seus respectivos países cando as circunstancias o requirían.Por outra banda, a interpretación de conferencias xurdiu ó finalizar a I Guerra Mundial ante a necesidade de contar con institucións internacionais permanentes que garantisen as relacións pacíficas entre os estados. Así pois na Conferencia de Paz de París (1919) foi preciso a presenza de tradutores e intérpretes entre as linguas francesa e inglesa, e máis tarde, nos procesos de Nuremberg (1945-46)naceu a interpretación simultánea ante o gran volume de traballo que esixía traducir ás catro linguas de traballo. Durante as décadas que seguiron á II Guerra Mundial foise xeneralizando e practicando a interpretación simultánea e no ano 1953 creouse a primeira organización de intérpretes de conferencias (AIIC).
Tras este capítulo podemos concluír que a práctica da interpretación está motivada...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen Economi A IB
  • Resumen Economia IB
  • Resumen Economia IB
  • Resumen Topic 2 Biologia Ib
  • Resumen manual de epicteto
  • Resumen escala manual wais
  • Manual De Carre O Resumen
  • Resumen Manual De Educacion Preescolar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS