RESUMEN PEDAGOGÍAS DEL S.XX
A continuación irei expoñendo as ideas principais de cada un dosdiferentes autores que aparecen neste libro e que son considerados como os máis importantes deste campo do século XX.
MARÍA MONTESSORI
Formouse en Roma, onde se graduou en menciña. Seguiu ademais as leccións de psicoloxía e de pedagoxía de mestres como Sergi, Lambroso e De Giovanni, todos profundamente vinculados ó clima cultural positivista. Dedicouse á difusión das súas doutrinas portodo o mundo, pero tiveron máis influencia no exterior que en Italia. Tamén ten influencias pedagóxicas do individualismo de Rousseau, a educación sensorial de Pestalozzi, a educación das facultades de Herbart e a autoactividade de Froebel.
Na base do “método Montessori” xace un estudo experimental da natureza do neno, que fai énfase, en particular, nas actividades sensoriais e as impresións e eneducación a autoactividade do neno, que se desenvolven tanto a través dos “exercicios da vida práctica” como a través dun material didáctico organizado. O neno debe desenvolver libremente as propias actividades para madurar todas as súas capacidades e engadir tamén un comportamento responsable, pero tal liberdade, para a Montessori, non debe ser confundida coa espontaneidade.
No seupensamento prima que a educación débese lograr pola actividade propia do suxeito que se educa; polo que se require unha maior liberdade do alumno para satisfacer os estímulos destes.
F. FERRER I GUÀRDIA
Este autor co seu pensamento librepensador e libertario as súas ideas educativas básicas na Escola Moderna do século XX. Para el a ensinanza debe ser científica e racional que non esteasuxeita ós imperativos da relixión e do Estado.
A educación tanto de homes como de mulleres era unha peza clave do debate público. A educación non estaba establecida para minorías e non era cousa de minorías. Neste contexto é onde se sitúan as ideas pedagóxicas de Ferrer i Guàrdia. Este consideraba que a educación popular era un problema político: as clases dirixentes tiñan a clavedo seu poder hexemónico no control da educación. A educación non debe basearse nos prexuízos militaristas e chovinistas nin en dogmas relixiosos, senón que debe ter de referencia os desenvolvementos da ciencia positiva. Ferrer aposta por unha ensinanza científica e racional. Tamén aposta por unha educación en réxime de coeducación das clases de educación, onde todos logren o obxectivo dunha escola“boa, necesaria e reparadora”.
JOHN DEWEY
A reflexión pedagóxica acompañou toda produción deweyana, nun campo filosófico, epistemolóxico, político, etc. E dirixiuse co mesmo empeño, tanto cara a construción dunha rigorosa filosofía da educación, como cara a elaboración dun eficaz proxecto operativo radicalmente innovador no campo escolar e no didáctico.
No xeral, apedagoxía de Dewey caracterízase: como inspirada no pragmatismo e polo tanto nun permanente contacto do momento teórico co práctico; como estreitamente enlazada coas buscas das ciencias experimentais, ás cales a educación debe recorrer para definir correctamente os propios problemas; e como comprometida a construír unha filosofía da educación que asuma un papel bastante importante tamén no campo...
Regístrate para leer el documento completo.