Resumo Irm N Rei Artur

Páginas: 2 (347 palabras) Publicado: 3 de agosto de 2015
Irmán Rei Artur

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros daTáboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, ?A tentación de Lanzarote?, presenta ó meirande cabaleiro e omáis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.Se ?A tentación de Lanzarote? libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, ?Amor de Merlín?, libera ao meigo de quedar parasempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade.E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoríaa prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, ?A morte do rei Artur? propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, mortoa man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo oseu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara asúa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, "volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar"....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen De Rei
  • Resumen Edip Rei
  • Marcos Arturo Beltr n
  • Plan Intervenci N Arturo
  • Resumen del rey arturo
  • RESUMEN DE LA LIBERTAD DE ARTURO SCHOPENHAUER
  • El rey arturo resumen
  • IRM

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS