Resumo Ollos de auga, Domingo Villar

Páginas: 6 (1301 palabras) Publicado: 20 de mayo de 2013
OLLOS DE AUGA

O autor, Domingo Villar
-Comezou a achegarse ó mundo literario compoñendo guións de cine e televisión.
-Obtivo coa súa primera novela ``Ollos de agua´´, o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento, e foi finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards no Reino Unido.


Rafael Estévez
-Rafael Estévez era un axente de policía que chegoudestinado a Vigo dende Zaragoza.
-Non estaba acostumado á nosa forma de falar, por iso era común a súa perda de papeis, comportamento que descontentaba ós seus superiores. E se a iso engadimos a súa forte complexión, difundía medo entre os seus investigados.


Lois Reigosa
Saxofonista profesional que substituía o antigo profesor do Conservatorio de Vigo e, ademais, tocaba nunha banda con outrosdous rapaces. A súa residencia habitual atopábase nun dos prestixiosos dúplex da torre da Illa de Toralla.


Asasinato de Lois Reigosa
Lois Reigosa aparece morto na súa propia casa. O propio Estévez acudiu o escenario do crime co seu superior Leo Caldas. A causa da morte fóiselles comunicada polo doutor: formaldehido. O que era coñecido coma un conservante de tecidos vivos, fora aplicado paraoutro fin: fora inxectado no propio tecido, absorbendo o líquido de este á par que producía unha terrible dor.
O leito de morte do saxofonista fora a súa cama, á que aparecera atado; e o formaldehido fora introducido no pene deste; polo que os policías deduciron que fora un crime pasional. Nun principio, Caldas pensara nunha muller, aínda que xa o propio Estévez lle advertira que Reigosa poderíaser homosexual (dato que corroboraron despois os integrantes da súa banda).


Investigación do asasinato
Debido á rareza da arma homicida, os policías decidiran seguir a pista do formol. Primeiro acudiron ó principal distribuidor da cidade, Riofarma, onde Isidro Freire, o vendedor responsable da zona, os remitiu ós tres principais hospitais da cidade:
-Hospital Xeral e Policlínico: en ambosforon atendidos por cadansúas xefas de anatomía patolóxica, ás cales preguntaron polos homes dos seus departamento. Ningún deles correspondía co perfil que buscaban.
-Fundación Zuriaga: Recibiron a listaxe completa de traballadores (e datos persoais) da fundación, incluída a familia Zuriaga


Enterro de Lois Reigosa
Entre tanto, tiveran lugar outros sucesos, coma o enterro de Lois Reigosa.Acudiran a el a súa laiada nai, algúns veciños, os rapaces do conservatorio, os compañeiros da súa banda de jazz Iria e Arthur e outro señor visiblemente afectado que chamaba á atención polo seu pelo branco e que agochaba a cara entre as mans.
Aquí presentóuselles a ocasión de falar con Iria e Arthur, que unicamente aclararon a hipótese de Estévez da homosexualidade de Reigosa e remitíronos a unpub de ambiente onde adoitaba pasar tempo o saxofonista: o Idílico.


Orestes Rial e Dimas Zuriaga
No pub, Caldas encargouse do encontro co pinchadiscos do local: Orestes, que parecía ter información relevante e co que quedaron para o día seguinte, xa que aquel non era lugar idóneo para falar.
Mentras, Estevez agardouno no local no que unha serie de malentendidos remataron co noso policíaapuntando coa súa arma ós presentes. Isto desembocou nunha denuncia de xenofobia contra el e unha bronca do comisario.
Ó día seguinte, Leo e Rafa agardaron por Orestes, que xa levaba unha hora de retraso cando Caldas marchou para o seu programa de radio e Estevez foi na procura do pinchadiscos temendo a fuxida deste. Cando puido entrar na casa deste, atopouno morto no cuarto de baño.  Entre el e o seusuperior investigaron a casa antes de avisar na comisaría. Nela atoparon o ordenador de Orestes, no cal había probas visuais suficientes para vincular o pinchadiscos con Lois Reigosa e a este con Dimas Zuriaga, a outra investigación aberta.
Dimas Zuriaga, o director da Fundación Zuriaga, que espertou a atención dos policías polo seu pelo blanco coma o do señor que estaba no enterro de Lois...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ollos de auga, Domingo Villar
  • Ollos De Auga
  • Ollos De Auga
  • ollos de auga
  • Ollos de auga
  • Ollos De Auga
  • Ollos De Auga
  • Ollos De Auga

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS