Resumo tristes armas marina mayoral

Páginas: 9 (2223 palabras) Publicado: 5 de enero de 2012
Tristes Armas
Marina Mayoral
Todo o mundo coñece a dramática historia daqueles nenos que tiveron que emigrar a Rusia a causa da guerra civil en España. Aquel país descoñecido no que moitos deles (por non dicir todos eles) tiveron que labrarse unha nova vida quedándose soamente co recordo das súas familias, amigos e vivezas da súa vida en España.
Nesta obra, a autora, Marina Mayoral plasmavarios temas de fondo que relaciona con gran coñecemento á historia central do relato: a supervivencia, os enganos e desenganos, a madurez e a realidade en xeral daquela época chea de dor e sufrimento. Non obstante como ben se di na contraportada do libro : ”Tristes armas é sobre todo unha historia de amor”. Unha bonita historia de amor por un país, polo orgullo, por unha muller, pola familia, porconseguir o que sempre soñaran… Todas esas cousas xuntas nun rico relato que non che deixará que cerres o libro ata que non o remates.
O tempo no que se desenvolve a acción vai dende a Guerra Civil española ata remata-la Segunda Guerra Mundial. Pódese dicir que o relato é cerrado xa que o final recondúcenos directamente ó principio, facendo desta historia todo un recordo que non poderemos esquecer.A obra comeza coa tensa despedida de Harmonía e Rosa (dúas irmás) no peirao do porto onde collerán o barco que as leve cara Rusia. Harmonía e Rosa non pasaron moitos ratos das súas vidas cós seus país debido á guerra. Harmonía era a maior e Rosa a pequena . Elas estaban no orfanato da Nosa Señora do Cristal onde a súa nai e o seu pai deixáranas para poder cumprir có seu cometido na Guerra Civilespañola. De tal forma que Harmonía tiña que exercer o papel de nai e pai coa súa irmá Rosa.
As súas infancias estiveran cheas de promesas que nunca se chegaban a cumprir como: “Dentro duns meses viremos a buscarvos para poder estar xuntos outra vez” lle dicían os seus país, e despois non había rastro deles. De obrigas que tiñan que cumprir no orfanato e de desexos de poder estar outra vez cósseus pais na súa casiña do campo e vivir unha vidas cheas de alegrías.
Sen embargo a realidade era outra, o seu pai o cal se chamaba Miguel, estaba no fronte no bando dos chamados “roxos” e a súa nai, Carmiña, estaba nos postos de enfermería axudando a todos os feridos e soldados do bando do seu marido. Pasaban moito tempo no campo de batalla reivindicando os seus dereitos nunha guerra quesemellaba non ter fin e na cal soamente había odio.
A irmá de Carmiña estaba casada cun home covarde e machista. Ámbolos dous defendían os ideais dos fascistas (unha opinión contraria á de Carmiña e Miguel). Non había relación entre as dúas parellas por non dicir o contacto nulo coas súas sobriñas. Á irmá de Carmiña quería que as nenas quedaran con ela para que non tivesen que emigrar a un paísdescoñecido e novo no que podían atopar moitos problemas e estarían desprotexidas, segundo defendía ela. Pero Miguel non quería que eles lle metesen ideas contraditorias nas cabezas das súas fillas.
E así chegou o momento no que tiveron que partir naquel cargueiro francés con rumbo a Rusia. A nai das nenas non chegara a tempo para poder despedilas e tiveron que entrar na bodega do barco (onde ían todos osnenos). Ata que unha muller da Cruz Vermella avisounas de que a súa nai chegara pero non puideron saír do barco. O último recordo que lles quedara de Galicia. Harmonía acordouse dunha historia que lles contaban na escola:
-------------------------------------------------
“O Mariscal Pardo de Cela e mais o seu fillo estaban condenados a morte e íanlles cortar a cabeza na praza da catedral deMondoñedo. A dona do mariscal foi falar cos Reis Católicos e conseguiu o indulto. Volveu a toda présa, pero cando estaba chegando á cidade, saíronlle ao paso os seus inimigos, que a entretiveron con enganos na ponte que, dende entón se chamou “do pasa tempo”. Cando puido chegar á praza, rodaban xa polo chan as cabezas do seu marido e do seu fillo”.
Harmonía relacionaba esta historia coa situación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tristes Armas
  • Tristes Armas
  • tristes armas
  • animales- marina mayoral
  • Marina mayoral
  • Resumen de marina
  • Resumen marina
  • Resumen Marina

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS