Resumo A Esmorga

Páginas: 22 (5425 palabras) Publicado: 19 de enero de 2014
Resumo por capítulos: A esmorga
Capítulo 1
Cibrán comeza falando de cómo se reconciliou coa sua muller, A Raxada. O sábado esta fora buscalo ás obras, xa que é picapedreiro, para facer as paces; e Cibrán aceptou e foi con ela a casa, por ela e polo seu fillo. Na casa, Cibrián e a súa amante, que é prostituta, tiveron sexo para reconciliarse. Logo, o seu fillo dille que lle gusta moito cando elestá na casa. Cibrán conta que o doctor díxolle que a Raxada tiña una doenza que podía dar no eivamento, e que ten que botar man dela e do seu fillo, porque senón ao fillo Lévano as Hermanitas do Hespicio.
Logo disto, saíu cara o seu traballo, na carreteira. Gaña 6 reais ao día.Tiña que estar as sete en Ervedelo, xa que estaban construíndo unha ponte para que puidese pasar o diputado. Conta queo camino ao traballo foi difícil, e que a Raxada puxera sen querer pemento picante á soupa, e que quería encontrar unha tasca aberta para tomar dous vasetes de viño branco.
Cando estaba chegando ao mesón da Cristalina, o tempo empeorou e semellaba que ía facer tormenta. Cibrán sentía que se lle ía complicar o día de traballo, pero non podía evitar ir, como fixera outros días. Cando estabachegando, viu dous homes mexando. El parouse para que lles dese tempo a irse, pero estes foron correndo onda el cunha manta, coma unha pantasma. Cibrán colleu a navalla, pero os dous homes quitáronse a manta. Eran o Bocas e o Milhomes, e comezaron a rir.
Cibrán explícalle ao xuíz que teñen varios alcumes, e que os deixara na taberna do Narizán dous días atrás (o sábado), no comezo dunha das esmorgasque os fixeran tan famosos entre os esmorguistas, e cando os pillaban, levábanos onda os seus irmás.
Cibrán admite que el tamén se metía ás veces nesas esmorgas, pero que desta vez non era así. Segue contando Cibrán que os dous collérono e fixeron o parvo e riron os 3.
O Milhomes facíalle carantoñas ao Bocas, e este espantábao coma ás moscas. Logo, facían burlas dos señoritos e señoritas falandoen castrapo. O Milhomes pillou ao Bocas polas partes, e este pegoulle no peito. Cibrán púxose no medio, e case lle pega o Bocas a el tamén. O Bocas seguiu dándolle ao Milhomes, ata que o fixo sangrar. Non estaba claro se se tiñan agarimo ou xenreira. Pero sempre que estaban xuntos bebían. O Bocas, cando alguén se moqueaba do Milhomes, saía na súa defensa. Porque ao Milhomes lle gustaba burlarse daxente, e molestáballe que se meteran co seu oficio de xastre.
Cibrán meteunos nunha cuneta porque viña xente, e un tratante advertiuno de que estaban a buscar a alguén que liara unha boa nunha taberna na noite anterior. Cando foi buscalos, viu que o Milhomes tiña unha ferida. Cibrán dixo que ía para seu traballo, pero o Bocas pediulle que se quedara, que non ía ter choio. Pediullo para nonquedar só co Milhomes, porque di que ten o problema de que sen el non se divirte. Non soporta a idea de que o Milhomes o teña dominado. Por iso ofreceuse a pagarlle a Cibrán o xornal, a cambio de quedar con eles.
Cibrán aceptou porque víase esmorecido das dúas noites anteriores, nas que fixera as paces coa Raxada. E iso, xunto co mal día que facía, convencérono para ficar con eles. Ademais, o seuxefe era madrileño, e púñase de moi mal humor nos días chuviosos, e xa levaban dous meses de retraso coas obras. Tamén pasara da hora en que retiran os listeiros, as sete da mañá.
Por iso, puxeron rumbo á taberna da tía Esquilacha, onde tamén estaban os tratantes. A Cibrán comíao o “pensamento” de non haber ido ó traballo, polo menos a mirar se non había nada, e estaba un pouco triste por noncumprir a promesa que lle fixera á Raxada de ir a traballar. Conta que o ambiente na taberna invitaba a ficar alí, polo olor, a temperatura, etc. O xuíz pídelle que non se afaste da historia, e el dille que ten que contalo todo, e que ten a súa maneira de contar as cousas.
A tía Esquilacha puxéralle unha tortilla e uns chourizos. O xuíz interesouse por saber se beberán alcohol e pola cantidade, e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • RESUMEN A ESMORGA BLANCO AMOR
  • A esmorga- resumen
  • A Esmorga Resumo
  • Comentario-resumen de la novela A ESMORGA de Eduardo Blanco Amor
  • A Esmorga
  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS