REXIME FRANQUISTA
1- INTRODUCCIÓN
O Franquismo é o Réxime político que se desenvolve en España dende 1936 ata 1975.Para algúns autores como Javier Tusell non é o resultado dunha ideoloxía concreta, senón a consecuencia da Guerra Civil, que fai que apareza unha mentalidade característica nos vencedores; a Ditadura de Franco, que se caracteriza por un forte pragmatismo militar ycatólico, sen que predomine ningún dos dous.
A evolución do Réxime durante os corenta anos de existencia ben determinada no interior pola adaptación ós cambios e as loitas sociais, e dende o exterior, pola necesidade de adaptarse á situación provocada pola victoria aliada na II Guerra Mundial, por iso no primeiro Franquismo hai moito en común cos fascismos europeos, pero dende a súa derrota na Guerramundial , iníciase un proceso de desfascistización.
2-FRANCO COMO DITADOR
"El Caudillo es como la reencarnación de la Patria y tiene el poder recibido de Dios para gobernarnos…." Descripción de Franco no Catecismo Patriótico de 1939
O carácter de Franco, a súa formación e as súas opinións son parte da historia do réxime. Algúns rasgos da personalidade de Franco ou das súas capacidades podenexplicar a súa longa permanencia no poder e a forma de exercer a ditadura. Timidez, Inaccesibilidade, carácter ordenado e metódico, A súa indiferencia ante a morte propia e allea permiten entender a súa frialdade na represión durante a Guerra e na ditadura. A súa aparencia moderada, sinxela deu a sensación de que a súa única meta era gañar a guerra. O seu carácter foise modificado polo culto ócaudillaxe. Cara ó final da súa vida influíu notablemente a perda de saúde especialmente na debilidade da súa vontade.Para moitos será exemplo de mediocridade persoal que viviu unha existencia cuarteleira combinada co mal gusto. Carecía de inquietudes intelectuais, xogar ás cartas, pescar, cazar ou ver cine e televisión eran as súas afeccións favoritas. Para outros, como coma Girón(fascista) o seucaracter queda resumido na seguinte frase: 'Paso de buey, vista de halcón, diente de lobo y hacerse el bobo”. Franco cría que os valores militares, relixiosos e os familiares constituían a columna vertebral dos españois caracterizados por un espírito anárquico. A todo isto temos que engadir o seu carácter militar, xa que ademais de ser fillo de militar entrou no exército con 14 anos, os militaressempre estarán presentes no seu goberno. O nacionalismo entendido como a defensa dunha España unida, que ten que recuperar a súa grandeza, está tamén presente na súa ideoloxía.
As ideas básicas da ditadura franquista serán:
O nacionalmilitarismo. Antiliberalismo e AntiparlamentarismoO nacionalpatriotismo, O nacionalcatolicismo una obsesión antimasónica.
Os vencedores da guerra organizan unestado forte e centralizado que garantira a unidade da patria impuxera a orde social marcada pola igrexa e polas ideas dos falanxistas.
3- AS BASES DO FRANQUISMO
O réxime de Franco ten pequenas diferencias con outros réximes totalitarios europeos como o nazismo alemán ou o fascismo italiano:
Hitler e Mussolini acceden ó poder tras unhas eleccións, Franco chega ó poder tras un golpe de estado.
O pesoda Igrexa Católica no franquismo foi grande, mentres en Italia e Alemania non.
O franquismo non ten un proxecto histórico,vai xurdindo a medida que pasa o tempo.
O Estado franquista será AUTORITARIO(basado na autoridade de Franco) tendo as seguintes características:
Carencia dunha Constitución: Se establecerán as “Leis Fundamentais” que regularán o dereito público e os órganos do Estado.Inexistencia de partidos agás o Movemento Nacional, que agrupa ás forzas que apoian a Franco unifícanse co Decreto de Unificación do 19 de abril de 1937. Determínase a unión de Falanxe Española, católicos,carlistas e os membros do Opus Dei.
Concentración do poder político e militar nunha soa persoa,o xeneral Franco, que asumirá a xefatura do Estado, do goberno,do exército e do Movemento Nacional.
A...
Regístrate para leer el documento completo.