reyes catolicos 2º bachillerato
REIS CATÓLICOS (1474-1516)
Unión dinástica: vínculo personal e dinástico entre os titulares que non implica fusión dos territorios. Cada Coroa ,Castela e Aragón, mantivo as súas propias leis,institucións,moeda…
Instrumentos desenvolvidos polos RRCC para impoñer a autoridade real:
1. Control da nobreza
2. Tribunal da Inquisición
3.Reformas políticas e administrativas
CONTROL DA NOBREZA
Sometemento da nobreza levantisca (loitas contra os partidarios de Xoana a Beltranexa) para o cal tivo gran importancia a creación da Santa Irmandade milicia armada financiada polas cidades e que é o embrión do exército real (fronte ás mesnadas feudais)
Control do poder feudal da Igrexa: regalías (intervención real no nomeamento debispos,abades), bula de Cruzada, reforma da vida monástica, asunción por Fernando do mestrazgo das Ordes militares…
TRIBUNAL DA INQUISICIÓN
En 1478 os RRCC crean este tribunal eclesiástico encargado de velar pola ortodoxia da fe e a observancia da moral católica; primeiro en Castela e logo se estende ao resto de reinos e coroas.Os conversos (cristián recentes) están no punto de mira.Arbitrariedade dosprocesos e sentencias públicas nos Autos de fe.
A Inquisición foi un medio para reforzar o poder real no conxunto des reinos hispánicos,dado que foi a única institución que tivo xurisdicción tanto en Castela como en Aragón e que dependía directamente dos monarcas (os RRCC conseguiron do papado que a Inquisición dos seus reinos só dependese deles, non de Roma)
Expulsión dos xudeus
Respondendo ávontade dos RRCC de defender a fe católica e de unificar cultural e ideolóxicamente á poboación hispánica, en 1492 o RRCC decretaron a expulsión dos xudeos das Coroas de Castela e Aragón.
Consecuencia: perda demográfica (uns 150. 000 efectivos),perda cultural (médicos) e económica (comerciantes,financeiros)
Expulsión dos mudéxares
Os mudéxares foron inicialmente respectados trala toma deGranada. Pouco tempo depois foron sometidos a bautizos forzosos e masivos para ser finalmente expulsados da Coroa de castela (1502) e de Aragón (1526)
REFORMAS POLÍTICAS E ADMINISTRATIVAS
Refórzase o Consello Real para asesorar aos monarcas e que pasou a chamarse Consello de Castela
Creación de novos consellos para asesorar en materias específicas:Consello da Inquisición, Consello de Aragón,Consello de Ordes Militares
Vicerreis: “alter ego” do monarca,facer visible a súa presenza(con competencias administrativas, xudiciais e militares)
Reforma da xustiza:Chancelerías, audiencias e tribunais ordinarios (sedentario e itinerantes) para administrar a xustiza real
Imposición dos corrixidores nas cidades como representantes do rei
OUTRAS MEDIDAS:
Incremento considerable da burocraciareal
Formación dun exército permanente baseado nos terzos
Cortes diferenciadas para cada reino (Castela, Aragón,Cataluña, Valencia e Navarra),aproban leis e impostos.Representantes dos tres estamentos pero os dous primeiros,ao non tributar, deixan de asistir.
Para organizar as finanzas do reino créanse as Contadurías ou cámaras de contas.
Terzos españois
Nome que recibiu o exército daMonarquía hispánica, debido a que estaba integrado por soldados que portaban tres tipos diferentes de armamento.
Integrados por mercenarios e soldados de levas
Combina tropas de infantería que combinan as picas coas armas de fogo
Ampliación territorial de Castela cos RRCC
Conquista do reino de Granada (1482-1492): fin da Reconquista
Conquista das Illas Canarias (1496)
Prazas fortes donorte de África como Melilla e Orán
Anexión de Navarra (1515),que seguiu mantendo os privilexios forais e institucións
Conquista de América (1492)
Ampliación territorial de Aragón cos RRCC
Devolución por Francia dos condados pirenaicos de Rosellón e Cerdaña (1493)
Incorporación do Reino de Nápoles (1505)vinculado coa familia real aragonesa.
Tratado de Tordesillas
Tratado asinado entre...
Regístrate para leer el documento completo.