Rosal A De Castro
1. A singularidade da figura de Rosalía
Rosalía de Castro, era unha muller culta (falaba francés, lía obras de filosofía, relacionábase coa intelectualidade galega e mesmo españolamáis importante da época...) , con criterios propios e contestataria, posuidora dun rexo carácter e dunha clara vontade de ser escritora, plenamente consciente do que facía cando rompía a mantenta osmoldes literarios, idiomáticos, ideolóxicos e temáticos dominantes. Rosalía foi precursora e pioneira de correntes de pensamento social e político de plena actualidade tanto na Galiza como no restodo mundo: feminismo, anticapitalismo, nacionalismo progresista etc. Rosalía é unha figura singular no contexto literario da súa época por tres aspectos: 1. Participa decididamente na posta en marchadun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada, 2. Rompe todas as barreiras temáticas e 3. Cultiva non só poesía, senón tamén, abundantemente a prosa.
2. Visión deformada da figurade Rosalía
Sobre ela teceuse unha imaxe distorsionada e mistificada. Presentouse como unha santiña ou unha chorona. Díxose que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o seu marido Murguía. Foiconsiderada unha simple imitadora de Bécquer ou romántica rezagada. Negouse que fose consciente do papel do papel que xogaba e da importancia que tiñan as súas obras. En vida, tivo sempre enormesdificultades para publicar, derivadas tanto da situación de penuria económica como da súa condición de muller e da heterodoxia do seu pensamento. Rosalía recibiu en vida ataques durísimos, ben do estamentoeclesiástico, ben dalgúns intelectuais do seu tempo. Nunca logrou vivir do seu ímprobo traballo de escritora, e, antes de morrer, deu orde a unha filla de queimar os manuscritos inéditos e cartas quegardaba.
3. Rosalía, escritora romántica rezagada?
Tal vez unha das maiores inexactitudes que se teñen vertido sobre Rosalía sexa considerala unha escritora romántica. Que hai de certo no “romantismo”...
Regístrate para leer el documento completo.