rosalia de castro

Páginas: 2 (430 palabras) Publicado: 19 de noviembre de 2014
COMENTARIO


Este poema é de Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885. Foi bautizada co nome de Maria Rosalía Pita. Éunha das meirandes escritoras en lingua galega e castelá así como tamén unha das principais responsables do Rexurdimento galego coa conseguinte recuperación do idioma coa cooperación de Curros, Pondal…despois dos Séculos Escuros.

Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela,pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Alí foi onde comezou a formarse culturalmente e intelectualmente. En 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu cunha curmá. Ali publicou o seu primeirolibro, La Flor en 1857 e coñeceu ó que sería o seu marido, Manuel Murguía, co que casou no 1858.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase pola publicación do seu libro Cantares Gallegos, unhadas súas publicacións mais importantes xunto con Follas Novas e En las orillas del Sar.

Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunhaabondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto en España como no estranxeiro.

O Rexurdimento pleno foi impulsado pola obra de Rosalía. En 1861 convócanse os primeiros XogosFlorais de Galicia, e ó ano seguinte publícase El Álbum de la Caridad, onde se recollen os poemas premiados. A data inicial do rexurdimento literario é 1863 xunto coa publicación de CantaresGallegos. Esta época foi unha traxectoria de recuperación cultural, política e histórica. Rosalía, Curros, Lamas Carvajal e Pondal eran románticos e ideoloxicamente próximos ao provincialismo, o que deu lugarao nacionalismo do século XX.

O poema está composto de seis estrofas. Son décimas ou espinelas. Os versos son octosílabos, é dicir de arte menor. A súa rima e consonante, ten o seguinte esquema...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rosalia de Castro
  • Rosalia de castro
  • Rosalia de Castro
  • rosalia de castro
  • Rosalía de castro
  • Rosalia de Castro
  • ROSALÍA DE CASTRO
  • rosalia de castro

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS