Ruta Fervenzas

Páginas: 3 (613 palabras) Publicado: 4 de marzo de 2013
FERVENZAS DO BARBANZA
Adela Leiro, Mon Daporta

Distancia: Porto do Son-Ribasieira: 9,5 km Xuño-Ribasieira: 7,5 km Ribeira-Oleiros-Portas: 5,5 km A Pobra-Aldeavella: 3,8 km Boiro-Cubelos: 9,7 kmBurés-Ferreiría: 3,2 km Ponte Beluso-Fruíme: 4,5 km Rianxo-Porto do Son: 48 km Dificultade: baixa Duración: unha xornada

Fervenzas de Ribasieira

Os cumes achairados do Barbanza recollen moitaauga que baixa en numerosos regueiros e pequenos ríos polas empinadas ladeiras rochosas ata caeren ao mar. Nelas excavan profundos vales e canóns e forman rápidos, pozas e fervenzas que presentan o seumellor aspecto durante a tempada de chuvias.

Fervenzas de Ribasieira ou da Madalena
No río Sieira, na parroquia de Ribasieira (Porto do Son). Un conxunto de fervenzas formado por varios saltos de15, 10, e 4 m. Máis arriba e máis abaixo hai outras máis pequenas. COMO CHEGAR Pódese acceder desde Porto do Son, pola estrada que está sinalada (9,5 km) ou desde Xuño pola estrada que vai a A Trabe eá igrexa da Madalena (7,5 km). Déixase o coche no aparcamento da igrexa da Madalena e un pouco máis arriba, en dirección á Trabe hai un camiño que en 10 minutos a pé conduce a varios miradores sobre asfervenzas.

Fervenza de Portas ou San Amedio
No río de Portas ou Arlés, na parroquia de Oleiros (Ribeira). O río ten varias fervenzas, rápidos e tobogáns. A máis alta mide uns 15 m de altura.COMO CHEGAR: Pódese acceder desde Oleiros ou desde A Pobra (pola estrada da Curota). Vese desde o camping Ría de Arousa 2 e pódese chegar polo camiño que rodea o camping pola dereita e sobe ao monte.Tamén se pode baixar desde San Amedio, na Curota.
Fervenza de Portas

Fervenzas dos ríos Pedras e Barbanza
Nos ríos Pedras (Barbanza) e Folgoso ou San Xoán, na parroquia de Lesón (A Pobra doCaramiñal) COMO CHEGAR En Pobra do Caramiñal cóllese a estrada ata Aldeavella (3,8 km) e logo vaise a pe ata a ponte da Misarela (1 km). Despois de cruzar a ponte e os restos do mosteiro de San Xoán da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rutas
  • RUTAS
  • RUTER
  • RUTAS
  • RUTER
  • rut
  • Rutas
  • Rutas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS