Salitre
1. Presentación dos personaxes.
2. Resumo:
a. Capítulo 1
b. Capítulo 2
c. Capítulo 3
Presentación dos personaxes
* Eduardo. É o personaxe principal.
* Paula. É a noiva de Eduardo.
* O americano. É un home que aparece no pobo e non se sabe quen é en realidade.
* Emilio. É o pai de Eduardo e o dono do bar onde se desenrrola a maiorparte da historia.
* Hanif. É un extranxeiro paquistaní, propietario dunha tenda de material de surf e un dos máis afectados nesta narración.
* Lino, Andrés, O Cangrexo, O Tarabelo, Ramiro, … Son personaxes secundarios, que aparecen numerosas veces durante todo o relato.
* Linda. A famosa guitarra do Americano.
Resumo
Capítulo 1
Comeza a historia cando Eduardo, subido a súa moto,contempla o mar de Foz dende a Praia de Llas, onde se atopa o bar do seu pai no que el traballa nas horas libres despois das clases. Alí, nun recuncho da Praia, adoita levar unha fotografía da súa nai e enterrala na area mentres fala con ela xa que está convencido de que a súa nai se afogou unha noite, aborrecida e cansa da vida que levaba. É nese momento cando repara nunha figura negra, entre assombras, que está a facer surf. O rapaz distingue un traxe de submarinista e unha grande melena e, ao redor da figura, varios golfiños.
Máis tarde, xa no bar do pai, mentres serve unhas xoubas, escoita aos mariñeiros queixarse da falta de peixe na zona e coñece alí mesmo a un extranxeiro ao que todos lle chaman o Americano por non coñecer o seu verdadeiro nome.
Os mariñeiros vótanlle a culpa dafalta de pesca aos golfiños que aparecen pola noite e Eduardo lles conta que viu un tipo facendo surf rodeado de golfiños e o americano explícalles aos mariñeiros que a culpa de que non veñan os peixes é da persoa que atrae aos delfíns pola noite.
Despois dun rato e de moita bebida, o Americano queda dormido enrriba dunha mesa e Eduardo lévao na súa moto ata a fugoneta onde vive preto da Praia.A Eduardo gústalle moito a conversa de este home e fálalle da súa noiva e doutras cousas íntimas.
Na noite seguinte Eduardo e Paula están a pasear polo peirao cando ela, que está bastante bébeda, insiste en sacar diñeiro dun caixeiro para ir mercar unha táboa de surf na tenda de Hanif, o paquistaní. Paula amósase moi cariñosa con Hanif, algo que desagrada moito a Eduardo. Paula insiste en irfacer surf á Praia de Llas pero Eduardo non está moi de acordo e négase a levala na súa moto pois pensa que é peligroso coa táboa.
Na praia, Edu cóntalle a Paula o que el pensa que lle aconteceu a súa nai pero ela lémbralle o que dí a xente do pobo, que a súa nai marchou con outro home. Paula irritada e espida decide facer surf no medio da noite e despois do baño, dalle unha pastilla a Edu para quelle faga o amor.
Ao día seguinte, Edu vai visitar ao Americano e exprésalle as súas inquedanzas por ter relacións con Paula sen protección e, tamén a súa preocupación por se é Paula a que espanta a pesca. O Americano aconséllalle e fálalle da súa experiencia coas mulleres mentres saca a súa guitarra, Linda, para facer unha festa.
Capítulo 2
A Emilio, o pai de Eduardo, parécelle extraño queos mariñeiros estean todos no seu bar dende a mañá e non saian a faenar. Eles empezan a discutir polo fútbol, pero en realidade están moi disgustados pola falta de pesca. Eduardo, en desacordo co seu pai, ao que non lle gusta entrar nas conversas dos clientes, cóntalles que é Hanif quen vai facer surf pola noite e espanta aos peixes. Entón eles deciden ir a tenda de Hanif e destrozárlla peroantes van falar co alcalde, Ramiro, quen lles dí que non pode facer nada pois Hanif ten todos os papeis en regla.
Cando Eduardo está no bar axudando ao seu pai, chámao Paula para contarlle o que lle fixeran a Hanif na súa tenda e pedirle axuda para defendelo ante os mariñeiros pero Eduardo cada vez sinte máis celos do paquistaní e colga o teléfono enfadado. O pai mándao para a casa, pois alí ten...
Regístrate para leer el documento completo.