Selectividad Biología

Páginas: 14 (3415 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2014
24

BIOLOXÍA
Pregunta obrigatoria. Todos os alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
a) Fai un esquema dunha mitocondria vista ao microscopio electrónico, indicando co seu nome e sinalando
cunha frecha cada un dos seus compoñentes estruturais.
b) ¿Que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte da mitocondria serealizan?
c) Explica o proceso da cadea respiratoria
d) ¿Como aproveita a mitocondria a enerxía liberada neste proceso e en que se transforma?
Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión)
I.1 Indica como mínimo 3 propiedades fisicoquímicas da auga e relaciónaas coa súa función biolóxica.
I.2 a) Explica brevemente a relación entre nucleosoma, cromatinae cromosoma. b) ¿É idéntico o material
xenético dos cromosomas homólogos?; ¿e o das cromátidas irmáns? c) Razoa a túa resposta.
I.3 a) ¿En que se diferencian a difusión simple e a difusión facilitada? e di qué tipo de transporte son. b)
¿Que outro tipo de transporte se realiza a través da membrana plasmática? Explícao.
I.4 Comenta brevemente a utilidade que podan ter para o home os seguintesmicroorganismos: Lévedos,
Rhizobium, Lactobacillus, bacterias biodegradantes.
I.5 A distrofia muscular de Duchenne é unha enfermidade ligada ao sexo que normalmente só afecta aos varóns. As
persoas que padecen a enfermidade vanse debilitando progresivamente aparecendo estes síntomas a idades temperás.
a) ¿Cal é a probabilidade de que unha muller que ten un irmán coa enfermidade teña un fillovarón afectado? b)
¿Cal é a probabilidade de que reciba o alelo responsable da enfermidade un varón que ten un tío por liña materna
que sufriu a enfermidade? c) ¿E cal é a probabilidade se quen a sufriu foi o seu tío por liña paterna?
Bloque II. Dos dous grupos de termos elixe uno e agrupa, de tres en tres, os termos relacionados,
mediante una frase. Valoración 1,5 puntos (0,3 puntos por frasecorrecta).
II.1 Fuso, tradución, acromático, síntese, ARN mensaxeiro, reaccións, extracomosómico, microtúbulos,
plásmidos, peroxisomas, ribosomas, ADN, catalases, anabólicas, oxidasas
II.2 Retardada, replicación, enzimas, ADN, fotosíntese, Okazaki, colesterol, ADN polimerases, cromatina,
sexuais, luz, cadea, histonas, enerxía, hormonas.
Bloque III. Das 20 frases de Verdadeiro/Falso, hai queresponder só a 15. As respostas erróneas puntúan
negativamente. Valoración: 1,5 puntos. Non escriban as respostas nesta folla.
1. O poder de resolución dun microscopio óptico é a distancia mínima entre dous puntos distintos para que
poidan verse separados.
2. O código xenético é dexenerado porque varios tripletes diferentes poden codificar un mesmo aminoácido.
3. A reacción de polimerizaciónen cadea (PCR) permite a amplificación de moléculas de ARN.
4. Durante a mitose prodúcese entrecruzamento e recombinación xénica.
5. En canto a súa estrutura química, o ATP é un nucleótido.
6. O NADH e o NADPH son coenzimas que poden rexenerarse á súa forma oxidada cedendo protóns.
7. Nas células eucariotas e procariotas o ADN ten sempre estrutura bicatenaria.
8. O sentido de crecemento dacadea do ADN durante a replicación é sempre en sentido 3´a 5´.
9. O proceso de transcrición do ARN mensaxeiro realizase no citoplasma.
10. O glicocálix é a zona interna da membrana plasmática formada por compostos glucídicos.
11. Se unha célula se encontra nun medio hipotónico, prodúcese a plasmólise da célula.
12. A estrutura do núcleo non é igual en células animais e vexetais.
13. A fagocitoseé un mecanismo empregado polas células defensivas do organismo como os leucocitos.
14. A glicólise é un proceso sempre anaeróbico.
15. Unha cadea de ARN mensaxeiro pode ser lida simultaneamente por varios ribosomas.
16. As células vexetais posúen centríolos mentres que as células animais non os teñen.
17. Os retrovirus son virus ARN que teñen transcriptase inversa.
18. As vacinas conteñen...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Selectividad Biologia
  • temas selectos de biologia
  • Temas Selectos de Biologia, 1
  • Temas selectos de biologia
  • Trabajos De Temas Selectos De Biologia
  • Temas Selectos De Biología Y Ecología
  • Examen selectividad biologia
  • Temas Selectos De Biologia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS