Senderos De Gloria

Páginas: 8 (1874 palabras) Publicado: 23 de enero de 2013
Senderos de gloria






Esta película está dirixida por Stanley Kubrick. Nacido en New York (Estados Unidos) en 1928, foi un director, protagonista y guionista moi relevante tanto polas súas numerosas películas como pola polémica que levantaron algunhas delas, como 'Senderos de Gloria' y 'La Naranja Mecánica'.Ditas películas pódense clasificar en dúas etapas atendendo á estrutura: A primeira etapa denominada tamén "etapa clásica" e unha segunda, a "etapa renovadora". Era una persoa que foise abrindo camiño na industria do cine moi pouco a pouco, xa que, primeiramente, dedicábase á fotografía y traballaba para "Look", pero preferiu facer documentais que foron emitidos nunha serie chamada "This isAmerica" e, grazas a que chamou a atención de importantes produtores, puido facer películas. Un destes foi Kirk Douglas, que firmou un contrato para cinco filmes.
O seu actor más relevante é Kirk Douglas, nome artístico de Issur Danielovitch Demsky, actor e produtor de cine nacido en Estados Unidos en 1916. Conseguiu ingresar en Broadway pero foi chamado para intervir na Segunda Guerra Mundial, noperíodo do 1942-1943. Estivo nomeado a catro premios Óscar pero só gañou o honorífico polos seus 50 anos dedicados á industria do cine. Tamén sostivo un preito con Stanley Kubrick pola produción dalgunhas das súas películas e, posiblemente por iso, non tivo tanta fama en Hollywood. No ámbito persoal, estivo casado dúas veces; cá primeira tivo dous fillos pero separáronse polas numerosas infidelidadesdeste; cá segunda tamén tivo dous fillos e seguen xuntos hoxe en día.
Argumento
A historia transcorre no ano 1916, onde os franceses e alemáns estaban en guerra. Ditos franceses querían tomar o outeiro das formigas, xa que era un lugar de forte enfrontamento. Esta disputa comezou o 3 de agosto de 1914 e, só semanas máis tarde, os alemáns xa se encontraban a escasos 30 km de París. O xeneralBroulard mandoulle ao xeneral Mireau que fose el quen dirixira dita operación. Ao principio non estaba moi de acordo, pero había rumores de que estaban pensando nel para que fora o xefe da décima división, entón aceptou e ordenoulle ao coronel Dax que fose o que estivera ao mando da invasión, aínda que estaba en desacordo, xa que vía moi complicada á operación, sobre todo porque tiña que ser pasadomañá como moito tardar. Unha noite, un capitán e dous soldados foron a investigar á zona e atopáronse con maquinaria descoñecida e, pese ao desacordo dos dous soldados, un deles foi mirar máis de cerca. Como tardaba moito, o capitán soltou un granada e fuxiu correndo, xa que pensaba que estaría morto; pero non era así, senón que o había matado el mesmo. Ao volver ás trincheiras, o cabo visitou aooficial e mostrou o seu enfado e incluso incluíu unha serie de insultos.
Á mañá seguinte, levouse a cabo dita invasión pero non estaba sendo un éxito, así que moitos soldados retrocederon e incluso algúns nin habían saído. Como o xeneral Mireau estaba enfadado, ordenou que se disparara contra os seus propios homes, pero non puido ser porque para levar a cabo esa operación, necesitábase un documentofirmado por el mesmo.
O xeneral Broulard reuniuse co xeneral Mireau e o coronel Dax para debater que castigo se ía impor aos soldados, e despois de barallar varias cifras, acordaron escoller a tres cabos para fusilalos e así impoñer respecto. Un dos elixidos foi o que acompañou ao capitán a vixiar o outeiro, que se chamaba Paris; outro, chamado Arnaud, foi botado a sortes polo capitán Rousseau; e oterceiro, Ferol, foi elixido por ser un indesexable social. Esa mesma noite, mentres están prendidos, foi o crego Meyer para confesalos e, Arnaud, o home que foi elixido por sorteo, perde os papeis e atenta contra a Igrexa.
Finalmente, son fusilados diante de todos.
Os principais personaxes son:
* Coronel Dax. Interpretado por Kirk Douglas, mostra un pensamento humanista e idealista...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Senderos de gloria
  • senderos de gloria
  • senderos de gloria
  • Senderos de gloria
  • senderos de gloria
  • Senderos de gloria
  • Senderos de Gloria
  • Senderos de gloria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS