Seres Vivos

Páginas: 2 (291 palabras) Publicado: 9 de marzo de 2015
2.  Que é un ser vivo?
Ciclo de vida dunha ra.
As persoas, as plantas, as bacterias...  somos seres vivos. Pero que é o que nos diferenza dos seres inertes?
Todos os seresvivos teñen características comúns:
Nacen doutros seres vivos iguais a eles.
Medran, é dicir, aumentan de tamaño e cambian de forma segundo avanza a súa vida.
Adquiren acapacidade de reproducirse.
Morren.
A estas características chámaselles ciclo de vida.
As funcións vitais dos seres vivos
Tódolos seres vivos, sen excepción, realizan funcións quelles permiten vivir e adaptarse ao medio. Estas funcións denomínanse funcións vitais.
As funcións vitais son tres:
Función de nutrición
A función de nutrición consiste entomar os alimentos e as substancias necesarias para que o organismo se manteña con vida. Para realizar a función de nutrición os seres vivos toman do medio as substanciasnutritivas e a enerxía que precisan e expulsan ao medio as substancias de refugallo que fabrican.
Por exemplo, os mamíferos obteñen nutrientes e enerxía dos alimentos e da auga quetoman, e expulsan as substancias de refugallo nas feces e nos ouriños.
Función de relación
O xirasol móvese cara a luz solar.
A función de relación permítelles aos seres vivosreaccionar ante os cambios que se producen no medio. Mediante esta función, os seres vivos coñecen o que pasa ao seu arredor para reaccionar dunha maneira axeitada.
Unhaplanta precisa luz para sobrevivir. Se ten pouca luz e necesita máis, pode mover as súas follas e orientalas cara ao sol. Este é un exemplo de función de relación.
Función dereprodución
A función de reprodución permítelles aos seres vivos ter descendentes da súa mesma especie.
Por exemplo, da unión dunha ovella e un carneiro nace a súa cría, o año.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Seres Vivos Y No Vivos
  • Cuanto vive un ser vivo
  • Los seres vivos
  • SERES VIVOS.
  • Los Seres Vivos
  • Seres Vivos
  • Los Seres Vivos
  • los seres vivos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS