Sesión estimulación cognitiva

Páginas: 7 (1727 palabras) Publicado: 14 de mayo de 2013
TÍTULOS:
Grupo 1: Un mundo diferente.
Grupo 2: A alimentación.

GRUPOS:
Grupo 1: nenos/as de 12 meses.

Grupo 2: nenos/as de 3 anos.

XUSTIFICACIÓN:

Grupo 1:
Con 12 meses os nenos atópanse no Estadio 1: Intelixencia sensoriomotriz e dentro deste, encóntranse entre o Subestadío 4 " Coordina esquemas secundarios e aplícaos a novas situacións" e o Subestadío 5 "Reaccións CircularesTerciarias" de Piaget.
Neste momento, en relación co concepto de obxecto e permanencia o neno xa ten interese por el e comprensión, diferencia entre obxecto e suxeito, busca o obxecto si ve a traxectoria aínda que non vexa onde o esconden e comeza a experimentar con novos usos deste.
Con respecto ás relacións causa- efecto, o neno asocia, recoñece e anticipa; indentifica causa efecto sinxelos.Vai tomando conciencia da causalidade a través de estratexias de ensaio-erro.
Nas conductas de imitación, con esta idade, imita accións inmediatas perfectamente e é capaz de repetir unha acción que ocorreu agora ou fai un ratiño e pouco a pouco irá imitando acción simples fora de tempo.
É importante a estimulación cognitiva a esta idade por que os nenos están en proceso de desenvolvemento polotanto debemos potenciar ao máximo as súas capacidades e posibilidades cognitivas sen chegar a saturalos.
O fío conductor que escollín xira en torno ó conto do Libro da Selva achegándolle aos nenos obxectos e materiais naturais que ó mellor non teñen preto no seu día a día.

Grupo 2:
Con 3 anos, os nenos atópanse no Estadío 2: Intelixencia preoperatoria, e dentro deste encontránse noSubestadío 1 " Pensamento simbólico e preconceptual" .Esta etapa caracterízase polo paso que terá que dar o neno ou a nena dende a acción ata a operación.
Como o propio nome do subestadío indica, os nenos desta idade caracterízanse polo seu pensamento simbólico e o uso de preconceptos. O primeiro maniféstase a través do xogo simbólico, da imitación diferida, da imaxe mental, do debuxo e da linguaxe.Poroutra banda, os preconceptos son esquemas representativos concretos e fundaméntanse principalmente nos obxectos da súa vida cotiá.
O razonamento transductivo tamén está presente neste momento.O razonamento dun neno ou nena é así por que o seu pensamento só antende a unha parte relevante dun feito ou dunha situación e acaba facendo interferencias de particular a particular.
As características dorazonamento desta idade son o egocentrismo( incapacidade para diferenciar o obxectivo do subxectivo), a centración (tendencia a seleccionar e atender a un só aspecto da realidade), o sincretismo ( tendencia a percibir a realidade de maneira global),a xustaposición (incapacidade de relacionar ou ordenar dunha maneira lóxica oselementos que forman un todo) e a irreversibilidade (incapacidade deexecutar unha acción nos dous sentidos do recorrido).
Ao igual que no grupo anterior, é importante a estimulación cognitiva xa que a través dela intentamos potenciar ao máximo as posibilidades e capacidades cognitivas dos pequenos.
O fío conductor que emprego para este grupo esta basado nas actividades básicas da vida diaria, centrándonos máis que nada na alimentación.


OBXECTIVOS:
Grupo 1:Xerais:
Estimular a creación e o desenvolvemento de estructuras neurolóxicas.
Favorecer o desenvolvemento das capacidades cognitivas.
Potenciar o seu desenvolvemento integral centrándonos na parte cognitiva.
Específicos:
Potenciar a xestualidade e a imitación contando o conto do Libro da Selva.
Diferenciar os conceptos dentro e fora metendo e sacando xoguetes dunha bolsa.
Tomar concienciadas características dos obxectos falándolle deste mentres experimenta con eles.
1. Identificar obxectos e persoas no conto do Libro da Selva.
2. Atopar o obxecto escondido diante da súa vista.
3. Encontrar o obxecto agochado vendo só a traxectoria.
4. Experimentar na auga coa manopla.
5. Traballar os conceptos dentro e fora coa manopla.


Grupo 2:
Xerais:
Estimular a creación e o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estimulación Cognitiva
  • estimulacion cognitiva
  • La Estimulacion Cognitiva
  • Estimulacion Cognitiva
  • Estimulación Cognitiva
  • estimulacion cognitivas
  • Estimulacion Cognitiva
  • Sesión estimulación temprana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS