Sistema Xenital
O sistema xenital pódese clasificar en:
Órganos esenciais: son necesarios para a produción de gametos ou células sexuais e hormonas.
Órganos accesorios: desempeñan unha función de soporte no proceso reprodutor.
O Aparato Reprodutor Masculino
Dentro do aparato reprodutor masculino facemos a división:
Órganos esenciais: testículos
Órganos accesorios: condutos xenitais,glándulas e unhas estruturas de soporte.
1. Órganos Esencias: Os Testículos
Os testículos son glándulas ovoides contidas no interior do escroto. Estas glándulas orixínanse na parede posterior da parede abdominal do embrión e a partir do 7º mes da etapa fetal, comeza o descenso cara o escroto. Este descenso débese a que a temperatura na cavidade abdominal non permite a produción deespermatozoides. A localización que toman permítelles a termorregulación. A falta de descenso dos testículos denomínase CRIPTORQUIDIA.
Ambos testículos están suspendidos no interior do saco escrotal grazas á fixación ao tecido do saco escrotal e polos cordóns espermáticos. Os testículos están cubertos por unha cápsula fibrosa, branca e densa, a cal se invaxina e divide a cada testículo encompartimentos internos que reciben o nome de LÓBULOS.
Cada lóbulo contén entre 1 e 3 túbulos seminíferos enrolados.
Os tubos seminíferos están revestidos por un epitelio denominado epitelio seminífero que contén:
Células de Sertoli: función de soporte e protección. Ten un papel activo na liberación de espermatozoides maduros.
Células espermatoxénicas: Producen aos espermatozoides, que sonconducidos por estes tubos para logo abandonar o testículo.
Tecido conxuntivo intersticial, células de Leyding: Segregan hormonas sexuais masculinas, especialmente testosterona.
Despois da produción de espermatozoides mediante a espermatoxénese, a presión pola liberación continua de espermatozoides xunto co líquido secretado polas células de Sertoli impulsan ao esperma e ao líquido a través dostubos seminíferos.
Estes tubos seminíferos únense e forman unha rede de condutos denominada REDE TESTICULAR ou RETE TESTIS. Esta rede conéctase coa cabeza do epidídimo a través dos condutos eferentes
2. Órganos Accesorios:
Condutos Xenitais
A función dos condutos xenitais é conducir o esperma ao exterior do organismo. Estes condutos están formados polo epidídimo, o condutodeferente, o conduto exaculador e a uretra.
O Epidídimo:
O epidídimo é un tubo en espiral, pregado sobre si mesmo, con forma de coma, que se divide en:
Cabeza: parte que conecta co testículo mediante os condutos eferentes.
Corpo central.
Cola: continúase co conduto deferente.
O epidídimo é o lugar de almacenamento e maduración dos espermatozoides pero este tamén secreta parte do líquido seminal.Despois da súa porción final toma a forma dun tubo máis ou menos regular chamado conduto deferente.
O Conduto Deferente:
O conduto deferente é unha extensión da cola do epidídimo, as súas paredes musculares axudan á expulsión do esperma a través do conduto.
O conduto deferente ascende dende o escroto e pasa polo CANAL INGUINAL cara a cavidade abdominal. Posteriormente rodea a vexiga e unhaporción chamada ampolla únese ao conduto da vesícula seminal formando o CONDUTO EXACULADOR.
.
A función deste conduto é conectar o epidídimo co conduto exaculador. Pode almacenar esperma por máis dun mes.
O Conduto Exaculador:
O conduto exaculador é un tubo corto que pasa a través da próstata finalizando na uretra.
GLÁNDULAS
Existen unhas glándulas que serven para producirsecrecións, cuxa función é a de nutrir, transportar e madurar o esperma.
Próstata:
A próstata é unha glándula única que ten o tamaño aproximado dunha pelota de golf, atópase debaixo da vexiga e bordea a parte superior da uretra.
A súa función é a de segregar unha sustancia fina e alcalina que constitúe o 30% do seme. Protexe ós espermatozoides fronte á acidez da vexiga e a uretra.
Glándulas...
Regístrate para leer el documento completo.