Socrates

Páginas: 3 (532 palabras) Publicado: 11 de marzo de 2013
Breve reseña de Sócrates

Sócrates naceu en Atenas o ano 470 a. C. Tense comparado a súa actividade filosófica co oficio da súa nai que exercía de parteira. Os primeiros anos da vida de Sócratescoinciden co auxe da sofística en Atenas.

Relegando o anterior predominio polo estudo da natureza, cos sofistas a filosofía céntrase no ser humano e na sociedade, temas tamén fundamentais nopensamento socrático.

Non temos escritos da autoría de Sócrates. Para coñecer a súa vida e filosofía debemos acudir a obras, contraditorias entre si, de Platón, Xenofonte ou Aristófanes (por citar as máismanexadas).

Para Xenofonte, Sócrates ocupouse sobre todo da formación de homes de ben, a súa filosofía resumiríase nunha praxe moral.

Aristófanes, na súa comedia As Nubes, preséntanos a Sócratescomo un sofista rexoubeiro.

Nos diálogos platónicos, as intervencións de Sócrates son persoais ou recollen o pensamento de Platón? De facer caso a Aristóteles podemos sospeitar que os diálogos democidade reproducen o pensamento socrático mentres que os das chamadas etapas de transición e madurez poñerían en boca de Sócrates o pensamento de Platón.

Sócrates critica o relativismo moral egnoseolóxico dos sofistas. Para o movemento sofista conceptos como virtude ou xustiza non son susceptíbeis dunha definición universal: son o resultado dunha convención, o que fai que o xusto nunha cidadepoida non selo noutra. Sócrates, polo contrario, está convencido de que o xusto ten que ser o mesmo en todas as cidades, e que a súa definición debe valer universalmente. A busca da definiciónuniversal preséntase, pois, como a solución do problema moral e a superación do relativismo.

Para atopar a definición universal, Sócrates acode ao diálogo, no que a través do razoamento indutivopoderemos chegar á definición universal dos termos obxecto de investigación. Mais cómpre seguir dúas fases: a ironía e a maiéutica. Na primeira o obxectivo fundamental é, facendo unha análise práctica de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sócrates
  • Socrates
  • Socrates
  • Sócrates
  • socrates
  • Socrates
  • socrates
  • Socratica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS