Teatro fines siglo XIX y siglo XX

Páginas: 6 (1388 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2014
LITERATURA
TEMA 12
O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.
1. A actividade teatral desde 1975 á actualidade
Atendendo á profesionalización e institucionalización do sector podemos distinguir tres fases no desenvolvemento do teatro galego actual:
 a de formación de compañías profesionais(1978-1983). Grupos xurdidos
arredor das sucesivas Mostras de Ribadavia como Antroido, Troula ou MariGaila lánzanse a conseguir vivir do labor teatral. Entre as novas compañías
fundadas nesta fase é de salientar a ourensá Sarabela Teatro.
 a de institucionalización (1984-1991). Ademais da creación de novas compañías profesionais (Teatro do Atlántico, Matarile Teatro, Chévere e Teatro
do Morcego) eda apertura de salas teatrais privadas estábeis, como a Luís
Seoane da Coruña (1981-1991), merece mención á parte a creación institucional do Centro Dramático Galego (1984) e do Instituto Galego das Artes
Escénicas e Musicais (1989).
 a de desenvolvemento (1991 ata hoxe). Á parte da aparición de novas compañías profesionais (Uvega Teatro, Teatro do Andamio, Mofa e Befa, Nut
Teatro) e daapertura de máis salas teatrais privadas estábeis como a Sala
NASA de Santiago (1992), da man da compañía Chévere, ou a Sala Galán
(1993-2005), vinculada á compañía teatral Matarile, tamén en Santiago, destacamos nesta fase a posta en funcionamento da Rede Galega de Teatros e
Auditorios (1996), a aprobación do primeiro Plan Galego das Artes Escénicas (2008) e a posta en marcha da Escola Superior deArte Dramática, primeiro centro oficial para aprendizaxe teatral na Galiza.
É tamén destacábel a edición, en número crecente, de novas coleccións de teatro,
de monografías, de novas revistas de información xeral e crítica sobre teatro, traducións,
dicionarios de teatro, estudos, documentos e panoramas históricos do teatro galego, así
como a proliferación de novas mostras e certames de teatro.2. Tendencias do teatro galego actual
Considéranse catro tendencias predominantes que habitualmente se entrecruzan:
 crítica e irónica. O teatro comprometido coa realidade bota man do humor,
a ironía e a sátira. Os dramas ofrecen unha visión crítica centrada nos conflitos de parella, na soidade do individuo, na marxinalidade social ou nos valores sociais negativos dominantes(competitividade, violencia, insolidariedade, explotación laboral, corrupción...).

1



lúdica. O teatro de carácter lúdico ten o seu xénero favorito na comedia, en
todas as súas vertentes: de enredo, policial, musical, etc.
 culturalista. Xoga co metateatro (teatro dentro do teatro), a reflexión sobre a
relación vida / escena e a intertextualidade, quere dicir, a recreación de grandes textos dadramaturxia universal, así como a adaptación teatral de novelas
galegas contemporáneas: O lapis do carpinteiro, Tic-Tac, O club da calceta.
Cada vez son máis relevantes as propostas experimentalistas, cunha tendencia á
renovación das linguaxes escénicas, á multidisciplinariedade e á creación colectiva.
Tamén continúa dándose un certo cultivo do teatro histórico e neorruralista.

3. Principaisautores e obras
A partir do 78, as obras de intencionalidade política explícita ou de formato alegórico van deixando paso a novas propostas, máis diversificadas e máis complexas.
Xesús Pisón Villapol (Ferreira do Valadouro, 1954)
É autor dunha obra moi persoal, caracterizada pola axilidade da lingua, a teatralidade das situacións e o logrado ritmo escénico. O pauto (1983) é unha sátiraesperpéntica e tremendista en que o Demo resulta menos malvado que os príncipes da Igrexa. En
Ei, Feldmülhe!. Fantasía do Valadouro con vampiros (1991) a crítica social abranxe a
todos aqueles que, por activa ou pasiva, están destruíndo, ou permitindo que destrúan
Galiza. O elemento ecoloxista mestúrase coas lendas tradicionais, as referencias literarias e a máis moderna mitoloxía vampírica para...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teatro europeo entre los siglos xix y xx
  • siglo xix y siglo xx
  • La Economía De Estados Unidos A Fines Del Siglo Xix Y Comienzos Del Xx
  • Literatura Latinoamericana A Fines Del Siglo Xix Y Comienzos Del Siglo Xx
  • Teatro siglo xix y xx
  • Chile Siglo XIX
  • El suicidio en los siglos XIX Y XX
  • La Mujer En El Siglo Xix Y Xx

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS