TELEFONOS MOBILES

Páginas: 2 (305 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2013
Este dispositivo é unha necesidade que nos permite comunicarnos con calquera persoa en calquera sitio e a calquera hora, ben sexa a través de chamadas telefónicas ou mensaxes detexto, razón pola que sempre o levamos no peto cando saímos da casa. Ademais é moi útil por se tes algun tipo de emerxencia, pois este aparello envía mensaxes e realiza chamadas deforma rápida.

O teléfono móvil tamén o usamos para entreternos pois posúe varias aplicacións coas que nos podemos divertir como por exemplo os xogos, a música, a radio, agrabadora de voz, pero sobre todo do que máis facemos uso é de Internet, a través do cal accedemos para buscar información e descargar aplicacións como por exemplo o Whatsapp, queempregamos moito para mandar mensaxes e tamén todo tipo de redes sociais como twitter, tuenti e facebook que nos permite socializar máis.

O teléfono movil ademais de posuiraplicacións coas que podemos entreternos, tamén nos fai a vida moito máis fácil, como coa cámara de fotos, o GPS, o espertador, a calculadora ou o calendario.

Por outro lado, esteaparello tamén pode crear adicción, sobre todo entre a xente máis nova, razón pola cal moitas veces provoca problemas visuais. Por outra parte con el podese invadir a privacidade daspersoas, sobre todo se se fai mal uso del e por último as mensaxes de textos repercuten negativamente na lingua, pois ao intentar ser breves e rápidos á hora de mandar un SMS,cometemos faltas de ortografía e moitas veces ata escribimos as palabras sen as vogais.

En conclusión, o teléfono móvil é un aparello necesario na nosa sociedade actual que, sesabemos facer un bo uso del, nos pode facer a vida moito máis doada. De este modo, evitemos que este dispositivo se volva un problema entre nós e aprendamos a usalo correctamente.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Exposició telèfon mòbil
  • Evolució Del Telèfon Mòbil WORD
  • mobile
  • Mobiles
  • Mobiles
  • Mobile
  • Mobiles
  • Mobile

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS