TEMA 1: a orixe do universo. o sistema solar.

Páginas: 3 (501 palabras) Publicado: 22 de enero de 2015
1 OS PRIMEIROS ASTRÓNOMOS
Culturas como a exipcia estudaron os momentos e as posicións dos astros, descubrindo que lles permitían predicir as estacións favorables para a semente, a caza ou anavegación.
Os babilonios desenvolveron a astroloxía, pseudociencia que afirma influencias dos astros sobre os humanos, e estableceron as bases da astronomía, describindo con precisión o movemento do Sol,a Lúa e os planetas, inventando o sistema sesaxesimal, o Zodíaco, e os primeiros calendarios.
1.1 A cultura grega: o nacemento do pensamento científico
Aristóteles propuxo un universo xeocéntrico.Aristarco de Samos estableceu o modelo heliocéntrico. Erastótenes calculou con gran precisión a esfericidade, o raio e o perímetro da Terra. Hiparco de Nícea elaborou o primeiro mapa estelar, con máisde 850 estrelas.
Ptolomeo revisou a idea de Aristóteles, e consagrou de novo o modelo xeocéntrico. Como a maior parte dos escritos gregos se queimaron e non chegaron a occidente, esta idea mantívosedurante toda a Idade Media, e, como foi aceptado pola Igrexa, todo o contrario era fortemente represaliado. Copérnico estableceu de novo, ao final da súa vida, por temor a represalias, o modeloheliocéntrico. Kepler descubriu que as órbitas eran elípticas, e non circulares como aseguraba Copérnico. Galileo construíu o primeiro telescopio, cultivando a curiosidade, descubriu que as catro Lúas deXúpiter xiraban ao seu redor, e elaborou cálculos que estableceron o método científico como única forma válida de investigación. Foi obrigado a ratificar e o seu traballo foi prohibido. Newton explicou acausa do movemento dos astros coa teoría da gravitación universal, establecendo o modelo heliocéntrico como o aceptado universalmente.

2 COSMOLOXÍA MODERNA
A astronomía é a ciencia que estuda osastros compoñentes do Universo, a partir da información que nos achegan as radiacións electromagnéticas que emiten; a astrofísica é a parte da astronomía que aplica as leis da física para estudar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TEMA 1 El Universo Y El Sistema Solar
  • El universo y el sistema solar
  • Sistema Solar El Universo
  • El Universo Y El Sistema Solar
  • Tema 1: la tierra en el universo. geología de los planetas. origen de la tierra y del sistema solar
  • El sistema solar 1° año eso
  • cronología de descubrimientos del universo y el sistema solar
  • Las ideas sobre el universo y del sistema solar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS