Tema 3 Historia

Páginas: 51 (12551 palabras) Publicado: 29 de octubre de 2015
Tema: AS REVOLUCIÓNS INDUSTRIAIS E AS SÚAS CONSECUENCIAS
Introdución
En coincidencia cronolóxica coas primeiras revolucións liberais ou burguesas
(Independencia de EE.UU. e Revolución Francesa) ten lugar unha das grandes
transformacións que marcaron o comezo da historia contemporánea en Occidente: a
coñecida como “Revolución Industrial”. O novo sistema de produción de bens
materiais transformouprofundamente non só a economía (aparece o capitalismo),
senón tamén a sociedade (xorden novos grupos sociais), o urbanismo (nace a cidade
industrial) e a política (aparecen novas ideoloxías defensoras dos intereses dos
obreiros).
O primeiro país en experimentar os cambios no sistema de produción foi Inglaterra na
segunda metade do s.XVIII, mais ao longo do século XIX o modelo fabril espallousea
outros países de Europa e tamén aos EE.UU.
1. A Revolución industrial: concepto e factores que a fan posible
A expresión revolución industrial suscita polémica entre os historiadores xa que non
hai acordo unánime á hora de definilo. En sentido estrito, podemos dicir que a
expresión revolución industrial designa o paso dunha economía dominada pola
agricultura e a artesanía a unha economía baseadana máquina e, xa que logo,
dominada pola industria. Dado que este importante cambio afectou a todos os
sectores da economía e da sociedade, pode ser cualificado de revolucionario, porén,
na actualidade prefírese falar de industrialización ou procesos de industrialización máis
que de revolución industrial, pois as transformacións que fixeron posible dito cambio
no sistema de produción foron máislentas do que o termo “revolución” induce a
pensar. Ademais, o concepto de industrialización é máis amplo que o de revolución
industrial ao incluír tanto o conxunto de transformacións que na demografía, na
agricultura, nas formas de produción manufactureira, na banca, no comercio e nos
transportes permitiron o paso da economía preindustrial do Antigo Réxime a unha
industrial como a súa difusióndende Inglaterra ao resto do continente europeo e do
mundo. En conclusión, moitos historiadores son partidarios de aplicar o termo
revolución industrial para referirse fundamentalmente ao caso de Gran Bretaña e o de
industrialización para falar da expansión do exemplo británico a outros países.
Cómpre salientar que dentro da industrialización distínguense esencialmente dúas
fases: a PrimeiraRevolución Industrial, entre 1780 e 1850 aproximadamente, e a
Segunda Revolución Industrial, iniciada cara a década de 1870 ata a 1914 co
estourido da Primeira Guerra Mundial.
A Primeira Revolución Industrial ou Primeira Fase da Industrialización iniciouse en
Gran Bretaña e as súas raíces afúndense no s.XVIII, na confluencia dunha serie de
factores que foron erosionando as estruturas socioeconómicaspreindustriais e que se
desenvolveron de xeito paralelo. Son os seguintes:
Crecemento demográfico: aumento continuado da poboación de Gran Bretaña
durante o século XVIII debido ao mantemento dunha alta natalidade e ao descenso
progresivo da mortalidade. A caída do número de defuncións explicase sobre todo
pola mellora da alimentación como consecuencia do aumento da produción agraria. A
melloralimentación permitíu a desaparición das grandes fames e fixo que a poboación
fose máis resistente ás epidemias. Outros factores que influiron no descenso da
mortalidade foron os avances da medicina (por exemplo coa vacina contra a varíola de
1

Jenner, 1796), a mellora das condicións hixiénicas
(uso de xabrón, extensión da potabilización da auga...)
e a redución da mortalidade bélica (diminucióndo
número de guerras). Os cambios no modelo
demográfico permitiron un crecemento da poboación
sen precedentes, de aí que os historiadores falen de
revolución demográfica.
Aínda que o factor demográfico non abonda para
poñer en marcha o proceso de industrialización (outros
países como Irlanda duplicaron a súa poboación e non
por iso levaron a cabo unha revolución industrial,
senón que optaron pola...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TEMA 3 HISTORIA
  • TEMA 3 HISTORIA
  • Tema 3 HISTORIA
  • Historia Del Derecho Tema 3
  • Apuntes Tema 3 Historia
  • TEMA 3 Historia
  • TEMA 3 Historia Economica
  • Tema 3 Historia filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS