Tema

Páginas: 11 (2532 palabras) Publicado: 22 de mayo de 2013
EMMANUEL KANT
O obxecto deste tema é tan só servir de referencia para un debate entre racionalismo e empirismo. Para un estudio do autor por si mesmo é necesario o libro de texto.
A situación herdada por Kant
O filósofo de Königsberg E. Kant (1724 - 1804) recibe a súa educación filosófica na tradición ra-cionalista continental. Inicialmente é discípulo indirecto de Leibniz (1646 - 1716), peroa lectura da obra de Hume (1711 - 1776) “espértao do seu soño dogmático”.
Na súa época, a filosofía fora chegando a un calexón sen saída. A Idade Moderna comezara co tra-ballo de Galileo, que xuntou de xeito exemplar observación e matematización, pero quen intentaron explicar cómo funcionaba esta ciencia deran respostas incompletas, baseándose nun dos dous procesos e desprezando o outro.
Oracionalismo tratou de levar adiante toda a ciencia a base de matematización, e cando Leibniz fai a súa física leva acumulado tal cantidade de erros que o avance que consegue na matemática non lle serve para realizar unha teoría física. Por exemplo, continuando o pensamento de Descartes, razoa sobre a base de que os corpos físicos teñen como único atributo a extensión, e ten grandísimas dificultadespara entender ideas como a masa, sen a cal a súa física está condeada ó fracaso. Moitos das fórmulas que propón están equivocadas e non ten o respaldo da observación para detecta-los erros. E en canto á ética, a mera análise racional da natureza humana levara a Wolff (discípulo de Leibniz e mestre de Kant) a un sistema dogmático no que todo se afirma sen xustificación.
Pero tamén a filosofía deHume presenta obstáculos insuperables para a ciencia. Tal como valora a observación, só se pode admitir na ciencia aquilo que observamos, co que perde toda posibilidade de referirse ó futuro, que non podemos observar agora. E a crítica que fai do papel da razón na ética deixa en entredito a posibilidade de facer unha ética válida para tódalas persoas, o cal ten a consecuencia de que non se poderíanfacer leis válidas para toda a sociedade, etc.
O racionalismo levara, en definitiva, a unha posición chamada dogmatismo que non era capaz de detecta-los seus propios erros, mentres que o empirismo levara a unha posición escéptica en epistemo-loxía e relativista en ética.
A gnoseoloxía e a epistemoloxía kantianas
A filosofía de Kant supón a primeira explicación da nova física de Galileo e Newton(e do pensa-mento ético, e da Ilustración…) que xunta de xeito harmónico o traballo dos sentidos (observación) co da razón (matematización). De modo breve, trátase do seguinte: os sentidos reciben un material que provén dun mundo exterior ó suxeito e que debe ser interpretado para que poida ter sentido para el, para o que conta cunhas estructuras para darlle forma. Analizamos algunhas delas acontinuación, prescindindo de moita da terminoloxía e de moitos dos enfoques en que é tan rica a filosofía kantiana.
Espacio e tempo. Cando percibo, teño que estructurar o material dos sentidos nun espacio e nun tempo. Por exemplo, as manchas de cores que inciden na miña retina teño que identificalas como máis próximas ou lonxanas, o lóstrego como simultáneo ó trebón, etc.
Substancia, causalidade,necesidade, etc. Cando distribúo nun espacio e nun tempo as sensacións que chegan ós meus sentidos podo agrupalas como correspondentes a suxeitos (substancias) respectivos, e digo que esta mancha rosa, loira, azul... son o meu amigo Pepe (cara, pelo, ollos...). Son eu quen interpreta que as sucesivas manchas vermellas na miña retina son unha bola de billar (substancia) e as brancas son outra, e soneu quen interpreta que hai unha relación entre as sucesivas posicións da bola vermella e que se deben a elas (causalidade) as posicións posteriores da branca. Eu podo ver moitas veces como vai sol e simultaneamente o ferro quece, pero un bo día comezo a vincular os dous sucesos e afirmo que é unha lei da natureza (necesidade) que o sol quenta o ferro. Ademais destas tres, hai outras categorías,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Temas
  • Temas
  • No Temas
  • Temas
  • Temas
  • Tema
  • Temas
  • Temas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS