teoria

Páginas: 15 (3704 palabras) Publicado: 27 de noviembre de 2014
RECENSIÓN:


1º curso do Grao en Educación Infantil
Teoría da Educación

Índice:

1. Contextualización da autora e da súa obra………….. páxina 2.

2. Análise crítica do contido da obra………………………páxina 5.

3. Valoración global e crítica do conxunto da obra……..páxina 10.

4. Referencias bibliográficas……………………………….páxina 12.












1. Contextualización da autora e dasúa obra:
María del Carmen Díez Navarro é unha mestra e psicopedagoga, especializada en Educación Infantil. Tamén é asesora da formación do profesorado.
Ademais, publicou numerosos artigos sobre a súa experiencia pedagóxica en varias revistas (Aula de innovación educativa, Aula de Infantil, etc.) e libros do ámbito da educación infantil como por exemplo La oreja verde de la escuela e El piso deabajo de la escuela. Los afectos y emociones en el día a día de la escuela infantil.
Actualmente, é coordinadora pedagóxica da escola infantil Aire Libre de Alicante. A María del Carmen Díez Navarro tamén se lle pode chamar poeta xa que escribe poesía, sobre todo con e para nenos e nenas de infantil.
O seu primeiro libro foi La oreja verde de la escuela: trabajo por proyectos y vida cotidiana enla escuela infantil no ano 1995. Describe nel dunha forma maxistral a vida diaria dunha aula de educación infantil, os proxectos, a natureza de dita aula, as relacións afectivas e a aprendizaxe que se leva a cabo.
Proyectando otra escuela foi editado no ano 1996 sendo así o seu segundo libro o cal está cheo de prácticas educadoras e innovadoras contadas sinxelamente facendo tomar concienciasobre o complexo traballo de educadores.
O libro lido titúlase El piso de abajo de la escuela. Los afectos y emociones en el día a día de la escuela infantil sendo o terceiro libro do seu conxunto de obras publicadas. Foi editado no ano 2002 en Barcelona na editorial Graó. Consta de 196 páxinas nas cales a autora conta as súas experiencias nunha aula de infantil.
Este libro titúlase así porque aautora mediante o piso de abaixo quere crear un lugar simbólico no cal, como explica no primeiro capítulo do libro, cada un de nós poida gardar os seus sentimentos, inquietudes que nos preocupen sen ter que mostrarllas aos demais, xa que estaría todo dentro de nós mesmos.
O libro de El piso de abajo de la escuela está dividido en tres partes claras: Se aprende afectivamente, Se aprende en amor ybuena compañía e Se aprende con palabras sentidas.
Na primeira parte, a mestra toca temas que saen á luz grazas á curiosidade dos seus alumnos e alumnas como son os dinosauros ou as pedras preciosas. Tamén trata os valores e o bo ou o malo de ser quen é cada un xa que é algo que preguntan os nenos como por exemplo o de que é mellor ser irmán maior ca menor.
Na segunda parte do libro, haimoitos pais e nais dos alumnos e alumnas da súa aula que veñen a contar o seu traballo ou experiencias propias para que así os nenos e nenas poidan ter un exemplo claro. Con estas visitas, os nenos e nenas están moito máis entusiasmados e preguntan moito xa que lles interesa o que poidan ensinarlles.
Na última e terceira parte, tocan o tema das reflexións propias de cada neno, as súas opiniónssobre diversos temas nos cales se expliquen e expoñan os seus pensamentos compartíndoos cos demais compañeiros. Algún exemplo que se pode observar nesta parte das expresións dos nenos e nenas da aula de Mari Carmen é cando teñen que escoller un personaxe para interpretar ou sobre o que pensan de cada nome dos seus compañeiros.
María del Carmen cóntanos todo isto a través de anotacións que fai naaula, anotacións propias e outras feitas polos nenos e nenas. Con este libro a autora quere demostrar que o oficio de mestre é moi apaixoante á vez que duro xa que os nenos están crecendo e precisan moita axuda para poder aprender.
O método que está a seguir durante o curso Mari Carmen penso que é a ensinanza por proxectos xa que con este método o mestre ten que pensar que o que o alumnado vai a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teoria
  • Las Teorias
  • Teorias
  • Teoria
  • Teoria
  • Teoria
  • Teoria
  • Teoria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS