terminos literarios

Páginas: 17 (4017 palabras) Publicado: 29 de junio de 2013


comedia [comedia] (gr. κωμῳδία, 'comedia, festa con cantos')
O xénero da comedia ten a súa orixe en Atenas, no século V antes de Cristo, nas cerimonias celebradas dúas veces ao ano, ao aire libre, en honra do deus Dionisos: as Leneas (en xaneiro) e as Grandes Dionisas (en marzo). Durante estas festas agrarias representábanse accións rituais nas que diversos coros se enfrontaban invocandoaos deuses, facendo mofa do público ou intervindo en xogos eróticos. A comedia xorde cando algúns actores se independizan do coro para dialogar entre si e dar corpo a mitos de tipo carnavalesco ou contístico, pasando do canto ao recitado. Como sinala Francisco Rodríguez Adrados (1972), toda comedia se abre cunha situación de inestabilidade (un estado de guerra por exemplo) na que está inmerso ocoro e se pecha co triunfo do heroe (o seu casamento ou éxito sexual), e a felicidade xeral. A Poética de Aristóteles ocúpase brevemente da comedia, definíndoa, en oposición á traxedia, como unha "imitación dramática de homes inferiores", sen gran virtude. A realidade representada na comedia é a cotiá e o seu desenlace, optimista.
A comedia grega identifícase coa comedia ática ou antiga deAristófanes (s. V. a. C.), disparatada e grotesca, que busca acadar un efecto humorístico mediante a utilización lúdica e paródica da linguaxe e a caricatura de distintos tipos caracterizados por defectos físicos e morais. A comedia ática articúlase, ademais, arredor da presenza do coro de cidadáns, composto de vinte e catro membros. Á súa entrada, ou párodos, seguía unagón ou certame (como oprotagonizado polos poetas Esquilo e Eurípides en As ras de Aristófanes), e unha parábase ou apelación ao público, normalmente de índole satírica, antes do éxodo ou derradeiro desfile coral. A esta estrutura súmase o prólogo (dialogado na comedia aristofánica) e unha serie de episodios que desenvolven unha trama cómica. A comedia helenística ou nova de Menandro (ss. IV-III a. C.) abandona a sátira social epolítica e prefire un ton máis realista e costumista. A intriga pasa a ser o núcleo fundamental da comedia, que simplifica a súa estrutura para adoptar a división en cinco actos, separados polas intervencións do coro.
A comedia latina de Plauto e Terencio (ss. III-II a. C.) asimila as técnicas gregas, sen afastarse dos seus personaxes e escenarios, até tal punto que recibe tamén o nome de fabulapalliata ou comedias en túnica grega (fronte á fabula togata de temas e personaxes romanos). Tanto Plauto coma Terencio repiten as situacións e personaxes herdados da tradición grega e unha acción baseada na presenza dun conflito amoroso ou xeracional. Plauto preferirá unha óptica caricaturesca, que o vai levar á pintura de tipos grotescos como o miles gloriosus, o senex ridiculus ou o leno;Terencio confire, pola súa banda, humanidade aos seus personaxes, máis individualizados.
A farsa é o xénero cómico medieval máis importante, configurado mediante enguedellos argumentais, xogos de linguaxe e personaxes-tipo. Na Idade Media esténdese así mesmo unha teoría dos xéneros na que a comedia e a traxedia son dous modos de narración poética que difiren no estilo e no tema: para Dante, porexemplo, a comedia caracterízase polo seu comezo "áspero" e o seu final ditoso. As traducións de Plauto e Terencio e a influencia italiana (Maquiavelo, Aretino e Ariosto) durante o século XVI provocan o renacer europeo da comedia.
O século XVII supón a idade de ouro do xénero, representada na obra de Molière, iniciador da comedia moderna nas súas pezas de carácter (o avaro ou o misántropo).A comedia nueva española caracterízase pola súa heteroxeneidade: o termo comedia pasa a designar todo tipo de poema dramático ou drama. Lope de Vega defende a súa idea de traxicomedia, aínda que o xénero permanece intacto nas chamadas por Bruce W. Wardropper (1978) comedia de capa e espada e comedia fantástica, ou no entremés.
No XVIII segue a ser importante o cultivo da comedia de caracteres e da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Terminos Literarios
  • El islam en terminos literarios
  • glosario de terminos literarios
  • Terminos Literarios
  • Terminos literarios
  • Terminos Literario
  • Terminos literarios
  • Terminos Literarios

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS