Tesoro de caldas de reis

Páginas: 13 (3242 palabras) Publicado: 6 de febrero de 2012
O depósito
de
Caldas de Reis

Andro Santamaría Cancela
Historia Antiga de Galicia

Índice

1-. A minería de ouro en Gallaecia………………………………………………páx. 3
1.1-. A artesanía aurífera: a orfebrería……………………………………...páx. 3
1.2-. Características do mineral…………………………………………….páx. 4
1.3-. Técnicas de explotación………………………………………………páx. 5
1.4-. A organización nos territoriosmineiros……………………………...páx. 5
1.5-. Principais zonas de explotación………………………………………páx. 6
2-. O tesouro de Caldas de Reis………………………………………………….páx. 8
2.1-. As Silgadas e os depósitos de Idade de Bronce……………………...páx. 8
2.2-. Os obxectos e a metalurxia da época…………………………………páx. 9
2.3-. O peso………………………………………………………………..páx. 10
2.4-. As técnicas…………………………………………………………...páx. 10
3-. Conclusión…………………………………………………………………….páx. 11Bibliografía……………………………………………………………………….páx. 13

O ouro foi para a cultura popular galega un elemento escaso e valioso na súa economía, polo que no imaxinario converteuse nun elemento abundante.

1-. A minería de ouro en Gallaecia
A verdadeira valoración da antiga minería chegou coa colaboración interdisciplinaria entre xeólogos e arqueólogos permitindo un avance rigoroso, todo isto nas últimas dúasdécadas.
A maior parte dos ríos auríferos do Noroeste Peninsular foron explotados dende o primeiro momento no que se sabía que contiñan metais. Na época castrexa xa houbo unha notable explotación, pero é coa chegada dos romanos cando sofre unha notable transformación de maneira que determina o desenrolo histórico dalgunhas zonas de Gallaecia.
A minería aurífera foi a principal actividadeeconómica desta zona durante a ocupación romana. O achegamento dos romanos influíu tamén nos sistemas mineiros, con novas tecnoloxías que permitiron unha explotación máis rápida e intensiva, isto levou a unha gran transformación económica do lugar.
1.1-. A artesanía aurífera: a ourivería
A aparición da ourivería ten lugar por diferentes factores que determinan a súa evolución. Un destesfactores é que Gallaecia, situada na zona atlántica peninsular, estivo favorecida por importantes recursos auríferos, así durante a Idade de Bronce haberá un afianzamento da metalurxia nesta zona. Máis tarde, coa época castrexa, haberá un florecemento da metalurxia debido á evolución da sociedade, cando comezan a aparecer minorías diferenciadas relacionadas co control do territorio e da actividadeguerreira.
Hai dúas na explotación mineira no noroeste peninsular. Por unha parte, durante o Calcolítico levouse a cabo unha fase artesanal, que soamente se trataba da obtención do ouro que se encontraba nos ríos. A segunda fase ten que ver xa coa época romana, cando ten lugar unha verdadeira explotación mineira.
Segundo os autores grecolatinos anteriores á conquista, as referenciasxeográficas que citan son os ríos ó norte do Taxo, na área da Gallaecia, entre eles están o Douro, Limia, Miño, Sil, Lérez, Ulla ou Tambre. Pódese entender, que hai unha gran riqueza aurífera entre os pobos galaicos en comparación cos seus veciños. Ante estes datos, pódese dicir que a actividade non pasaba do artesanal, con técnicas elementais para obtención de ouro, ademais esta produción ésuficiente para as manufacturas prerromanas, xa que se trataba de economías de autoabastecemento e como símbolo de prestixio era suficiente.
O tipo de explotación levado a cabo, con bateas nos ríos ou terrazas nas canles dos ríos, non deixa sinal ningunha, polo que é difícil saber onde se levaron a cabo estes traballos. Soamente, as labores mineiras levadas a cabo polos romanos, baseadas na forzahidráulica, responden a técnicas ligadas á creación de moedas para Roma.

1.2-. Características do mineral
Hai unha clara interdependencia entre o sistema de explotación e o tipo de mineralización aurífera. Dependendo dos xacementos, as técnicas e as estratexias de explotación varían. Distínguense varios tipos de xacementos segundo a súa mineralización e a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Reise
  • cald
  • CALD
  • Caldo
  • CALDAS
  • Caldos
  • Caldas
  • El Tesoro

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS