TFG Regulamento
Facultade de CC. Empresariais
e Turismo
Campus Universitario
32004 Ourense
http://www.fcetou.uvigo.es
Campus de Ourense
REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO
(Aprobado pola Xunta de Facultade o 30 de outubro de 2013)
PREÁMBULO
O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das
ensinanzas universitarias oficiais, dispón nas Directrices para o deseño de títulos de
graduado (art. 12), que estas concluirán coa elaboración e coa defensa dun Traballo de Fin
de Grado (en diante, TFG) orientado á avaliación de competencias asociadas ao Título.
Pola súa parte, as Directrices propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e a
organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno
do 5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de
Estudo de Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no octavo cuadrimestre cun valor
académico que oscilará entre os seis e os trinta créditos ECTS.
A propia Universidade de Vigo no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011 aprobou o Regulamento para a realización do Traballo Fin de Grao, establecendo deste xeito o marco
xeral para desenvolver os traballos de fin de grao na Universidade de Vigo.
As memorias dos títulos de Grao que se imparten na Facultade de Ciencias Empresariais e
Turismo (en diante, FCETOU) inclúen a elaboración e a exposición do referido TFG por parte
do estudantado do último curso dos plans de estudos e dispoñen que o Centro aprobará
unha normativa interna para xestionalo. Para cumprir o anterior, a FCETOU, en virtude das
facultades recibidas, establece a súa propia regulación interna para desenvolver o traballo
de fin de grao.
CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
ART. 1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
1. O presente Regulamento define e regula a titoría académica, o procedemento de
elaboración, a presentación pública, a avaliación, a revisión e a tramitación
administrativa do TFG nos Graos que se imparten na FCETOU.
2. As tarefas de titorización, avaliación e cualificación do TFG, ás que se refiren os artigos
6, 7, 8 e 11 deste regulamento, forman parte das obrigas docentes do profesorado.
3.A aplicación e a interpretación deste Regulamento corresponderalle á Comisión de
docencia da FCETOU.
ART. 2. DEFINICIÓN DO TFG
1. O TFG forma parte dos plans de estudos dos Graos que se imparten na FCETOU.
Consistirá na realización dun traballo orixinal e inédito por parte do alumnado que
deberá facer de xeito persoal e autónomo, seguindo as orientacións dun titor ou titora
académico.
2.O TFG estará orientado a que cada estudante amose a capacidade de integración dos
diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias reflectidas na
guía docente da materia. En particular, deberá contribuír ao desenvolvemento das
seguintes capacidades:
a) Definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con un ou varios dos ámbitos de coñecemento presentes no Grao.
b) Levar a cabo o traballo proxectado.
c) Presentar e defender publicamente o TFG.
Incluirá como mínimo tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de
información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
3. O TFG poderá revestir unha orientación teórica ou práctica. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera
titulación.
4. O TFG pódese presentar en galego, castelán ou inglés. O desenvolvemento do TFG
axustarase ao estipulado na guía docente da materia, en que figurarán as normas de
estilo, estrutura e formato (Anexo IV).
5. A avaliación do TFG será responsabilidade dun Tribunal constituído de acordo co ...
Regístrate para leer el documento completo.