The Dark Knight

Páginas: 9 (2193 palabras) Publicado: 22 de marzo de 2015
Tristán Ron Ferreirós

The Dark Knight

Así como Alan Moore e David Lloyd mostran en V de Vendetta un futuro cercano (no que en Inglaterra domina un réxime fascista como resultado de que unha guerra nuclear rematara con medio planeta) onde a xente está sometida á censura e ás mentiras dos medios de comunicación e a unha serie estrita de regras como o toque de queda, Cristopher Nolan móstranos,nesta segunda entrega da nova triloxía de Batman, unha cidade de Gotham na que se reflicte a corrupción da sociedade actual levada ao terreo das mafias e do crime organizado onde esta se ve máis directamente. Unha cidade de Gotham na que os bancos e a policía son dominados polas mafias. O filme comeza coa presentación de dúas novas personaxes: o Joker e Harvey Dent; este último é o novo fiscal dodistrito, está metendo entre reixas a gran parte dos criminais da cidade. O Joker é un criminal que está atracando os bancos da mafia. Esta vese acurralada por todos lados, por un, o novo fiscal meténdoos en prisión e, polo outro, este psicópata baleirándolles os petos, por non falar de Batman.
Así é como se nos presenta The Dark Knight. Pero vexamos a figura máis emblemática e memorábel do filme:o Joker. Podemos ver a esta renovada personaxe, que en nada ten que ver coa interpretación de Jack Nicholson na película de Batman de Tim Burton, como un salvador, ou máis ben un liberador, que pretende facernos ver a realidade. Comparábel a Lao Tse ou a Tristan Tzara, pero que actúa violentamente a través de métodos terroristas. Isto nos deixa cun gran parecido a V, o anarquista de V de Vendettaque busca liberar Inglaterra da opresión. Pode que o Joker actúe máis incoherentemente, sen ideais, de feito el mesmo di isto: “A única forma sensata de vivir neste mundo é sen ideais”, pero creo que o parecido entre V e o Joker é evidente, mesmo se o comparamos coa anterior película de Nolan, Batman Begins podemos escoitar a Ra’s Al Ghul dicindo isto: “Un xusticeiro é un home perdido no seu afánde satisfacción persoal. Poden darlle morte, ou encadealo. Pero se consegues ser algo máis que un heroe, se te entregas a un ideal, xa ninguén pode deterte, convérteste en algo diferente”. Mentres que V di isto: “Pensaba matarme? Non queda carne nin sangue que matar baixo esta capa. Só hai unha idea. As ideas son a proba de balas”. O frecuente uso da televisión como medio de comunicación para dara coñecer á xente os seus plans, ou mesmo o querer dar a coñecer os seus plans, é outro símil entre estas dúas personaxes que hai que ter en conta.
V quere anarquía, o Joker quere caos, pode que parezan parecidos, pero son totalmente distintos, unha agocha tras de si un mar de ideais e a outra, simplemente, busca a abolición do sistema establecido. Mais o que o perseguen tanto o Joker como V vensendo o mesmo, xa que V explica así o proceso de anarquización nun determinado punto do cómic: “A anarquía ten dúas caras, a creadora e a destrutora. Os destrutores derrocan imperios; crean un lenzo de escombros onde os creadores poden construír un mundo mellor. Os escombros, unha vez conseguidos, converten en irrelevantes os medios para obtelos. Así que fóra cos explosivos! Fóra cos destrutores!Non hai lugar pra eles no noso novo mundo. Pero brindemos por todos os nosos terroristas, todos os nosos bastardos, os máis odiosos e imperdoábeis. Bebamos a súa saúde, para non voltalos ver nunca máis”. O Joker é un destrutor, como el di: “Instaura unha pequena anarquía, altera a orde establecida, e comezará a reinar o caos. Son un axente do caos, e sabes o que ten o caos? Que é xusto”.
Gústamea idea do Joker como liberador, pero non me parece demasiado correcta, podemos dicir que máis ben atrapa á xente na súa liberación. Esta liberación da que falo, é o desprendemento de todos os prexuízos que o Gran Outro, a sociedade, como queiras chamalo, nos inculca dende cativos. E este proceso de desprendemento non soe ser agradábel. Xa sexa queimándose con hipoclorito de sodio en po como en...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • The Dark Knight y la Ética
  • Reseña informativa Batman: The Dark Knight
  • Reseña De Batman: The Dark Knight Rises
  • The Dark Knight Script
  • The Dark Knight Rises
  • Analisis The Dark Knight
  • The Dark Knight
  • Batman The Dark Knight Rises

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS